Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Revoltigramas

lunes, 20 de agosto de 2012
Bailan as letras sobre a pantalla para que a mente, a imaxinación, o saber resolva o revoltigrama coa palabra máis longa ou coa palabra exacta. As vogais mestúranse coas consonantes e un servidor empeza a manipular nelas; para adiante, para atrás; dúas vogais xuntas, dúas consonantes.

Atopa unha palabra, pero semella curta. Sigo a buscar unha máis longa. E mentres busco, a memoria viaxa ata Madrid, cando, alí, e durante os primeiros anos oitenta, me convertín case nun profesional resolvendo os revoltigramas que publicaba un xornal.

Algúns resolvíaos en segundos. A práctica era a que me facía coller velocidade e acerto. O tempo pasa e todo cambia. Hoxe xa non teño esa práctica e cústame atopar esas palabras ben feitas. Pero é bonito volver aos recordos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES