Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aforrando

viernes, 17 de agosto de 2012
As institucións van aforrar unha cantidade importante o próximo Nadal ao non pagar aos seus traballadores unha paga extraordinaria que pode supoñer arredor do 6 ou 7% dos orzamentos dedicados a gastos laborais. Esta cantidade réstase ás pequenas economías particulares causando un menoscabo importante, pero non hai un destino determinado onde esa cantidade vaia ser destinada.

Así, algunhas institucións confesan que vai ser dedicada a fins sociais, a parcelas ata agora con menor dotación da necesaria, a satisfacer fins diferentes. Co que non parece cumprir o primeiro propósito de aforrar no gasto público.

Que se se lle corta aos funcionarios pero se aplica noutros fins, o gasto prodúcese do mesmo xeito, e evidencia que o único que se pretendía era agraviar a un colectivo que ten demostrado un talante especialmente pacífico.

Se fose para reducir o gasto, as institucións terían que aboar as correspondentes cantidades aforradas nunha conta específica do Ministerio de Hacienda, directamente ao Tesouro, co que se produciría o correspondente aforro. Pero se eso non se fai, o único que se consigue é cambiar o capítulo de gasto pero este vaise producir de todos os xeitos.

Escápasenos cal pode ser a virtude de aforrar nunha partida para gastar noutra. E o que si se aprecia é a merma nas economías particulares dos funcionarios, e a conseguinte repercusión nos seus gastos extaordinarios das festas do Nadal e retracción no pequeño comercio que normalmente se beneficiaba destes gastos especiais.

Haberá aforro, pero terán que explicárnolo. E producirá efectos favorables na economía, pero terán que demostrárnolo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES