Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Principio institucional

martes, 14 de agosto de 2012
Os estudosos dos modelos cosmolóxicos fálannos do “principio antrópico”. Foi un astrofísico de Cambridge, Brandon Carter, quen, no 1.974, inventou esta expresión. Espero que, unha vez que diga algo máis dela, posiblemente vostedes comprenderán que é extrapolable a outras leiras do saber e actuar humano.

É verdadeiramente engaiolante isto de que a materia, despois dun proceso de miles de millóns de anos, acade o poder de pensar en si mesma. Si; non se boten as mans a cabeza, porque utilizándonos a nosoutros, ós homes e ás mulleres, na Terra hai materia coa capacidade de pensar-SE. Posiblemente, inda que isto non o sabemos, noutros planetas que xiran arredor dos seus soles, a través doutros seres, tal vez a materia tamén pense en si mesma.

Tendo en conta que homes e mulleres estamos dotados dunha certa conciencia, que emerxe da materia coma consecuencia dun largo e complexo proceso evolutivo (así o cre hoxe a comunidade científica!), non parece un desacerto afirmar que temos conciencia, intelixencia, dunha maneira necesaria, ata o extremo de que hai astrofísicos que manteñen a tese de que non é posible un mundo que non chegue a ela.

Aquí na nosa casiña cósmica, puidemos, e podemos, comprobar esta “autoreflexividade”; pero se algunhas leis chegaran a ser un pouco máis, ou menos, intensas do que son, non habería vida, tal e coma a coñecemos: Din os que saben algo de todo isto que, se as forzas nucleares foran un pouco máis intensas, os protóns e neutróns atraeríanse moito máis e, entón, formarían núcleos (unións) tamén moito máis pesados, sen ningunha posibilidade de que deran lugar ao carbono, hidróxeno e osíxeno, e isto tería unha consecuencia: NON HABERÍA VIDA na Terra.

Velaquí porque nalgúns tratados de astrofísica se dí que o universo é amante da vida, é “bioamistoso”, ou que está feito de tal maneira que, nalgúns sitios, haxa vida. É dicir, no noso caso, parece coma se todo estivera adrede arranxado para que nosoutros tivéramos existencia aquí. Non é, pois, nada estraño que os crentes pensen nun Deseñador Intelixente (DI: con estas siglas encontrámonos frecuentemente nos tratados acerca do evolucionismo). Ben; este axeitamento cosmolóxico coñécese no argot astrofísico coma PRINCIPIO ANTRÓPICO (Do grego ÁNTHROPOS=hombre). Non cabe dúbida de que nesta hipótesis (ou teoría?) , hai afirmacións rigurosamente científicas e outras metacientíficas, é dicir, algunhas delas son racionales, e outras son meramente razoables.

Xa temos, pois, a vida na Terra, que para os animais irracionais e os vexetais é simplemente un MEDIO, determinado en cada caso, e preséntase cunha formalidade específica, é dicir, pasa a ser un sistema de estímulos axeitados ás distintas especies de animais; é un medio de subsistencia, de situación e de libre mobilidade. Pero a Terra non é só un medio para cada animal, senón tamén para grupos de viventes, e neste sentido díse que é un MEDIO ECOLÓXICO (Do grego OIKÓS= casa), un medio de concorrencia de viventes. Agora ben; a vida está encarreirada polas mesmas estruturas de cada vivente, pero tamén polas configuracións en que os organismos están situados.

O home non é alleo a todo isto, o que ocorre é que ten o seu propio mundo, non faltaría máis…!; pero, como ha de convivir cos demais, dicimos que é un animal social, porque a sociedade mesma é unha posibilidade da súa vida, e el, incorporándose a esa sociedade, apórtalle máis posibilidades: Un científico, por exemplo, aporta á sociedade na que convive os seus coñecementos, dos que derivan técnicas útiles, e cando isto ocorre a través do tempo, xera o que podemos chamar “mundo histórico”. Xustamente por iso afirmamos que o home é un animal histórico, e esta súa condición posicionao contextual e humanamente no mundo.

Xa temos, pois, ao home e á muller, na sociedade, e para chegar aquí, contou cos impulsos da súa propia realidade persoal fluente no seu mundo: Da primeira hai que destacar a liberdade e do segundo as posibilidades que en cada contexto histórico lle ofrece, en virtude do cal debe necesariamente, e pode, optar. Pero el non vive só no SEU mundo, senón que vive (convive) tamén no NOSO, e isto fai que teña que optar nunha certa coordinación cos OUTROS (homes e mulleres). Para que esta coordinación sexa a máis axeitada as necesidades contextuais de todos, adoita crear os instrumentos organizativos axeitados:

Os estados, que definen o “conxunto de órganos de goberno dun país soberado” (RAE), e dentro deles as INSTITUCIÓNS, que son “os órganos constitucionais do poder soberado” no estado.
Por suposto, estes entes institucionais están integrados por cidadáns do estado, ós que este encarga do seu funcionamento, cunhas regras de conduta que garantan o cumprimento dos fins sociais para os que foron creados. Só o home, coma cidadán, pode convivir nun estado dentro de certos límites de operatividade das institucións, porque cando se sobrepasan, por exceso ou por por defecto, colapsa a vida en sociedade, igualmente que ocorre a escala cósmica coa vida en xeral se os principios antrópicos deixan de cumprirse. Por iso, analóxicamente, falamos aquí do PRINCIPIO INSTITUCIONAL.

Non sei, meus amigos lectores, como hai que resaltarlles aos nosos responsables políticos, teñan a seu cargo ou non o goberno do país, que a vida socio-económica e política, no mesmo, está a punto de colapsar, porque estamos na contra do que suxiriu o pai dos “buratos negros”, John Archibald Wheeler, físico e profesor en Texas, cando lle peguntaron pola súa opinión acerca dese principio, e dixo: “Menos é máis”. (Ninguén o entendeu, ata que seguiu falando e caeron na conta de que estaba argumentando contra a hipótesis da MEDIOCRIDADE, porque parecía dabondo evidente que o universo busca cada vez máis intelixencia). Sen embargo, aquí temos que aplicalo a incompetencia e á corrupción, onde hai razóns para pensar que tamén “menos é máis” (de “menos a máis”). Porque …
Ata onde pensamos alterar e sofisticar as leis que rixen a estabilidade institucional e o peso soportable dos seus elementos, se non queremos por en perigo a vida socio-económica e política deste NOSO país, pola carencia do correspondente “osíxeno” intelectual e ético?.

Que estamos facendo para estabilizar e coordinar eficazmente os elementos estruturais do Estado, de España?.

Ata onde descoidamos o “medio ecolóxico” nas mans dos usureiros máis irresponsables e ambiciosos?. Acaso non é posible detraer fondos doutros sitios para establecer un sistema de operacións preventivas a tantos incendios?. Non sería mellor deixarse das teorías que, aplicadas por ignorantes do habitat rural, inquietan os que vivimos neste medio?. Estaría aquí, en boa parte, a solución ós incendios?.

Non se lles ocorre nada para que os cidadáns poidan participar no control e coñecemento da xestión do diñeiro público, que é o deles?. De verdade, pensan seguir mentindo e administrando con evidentes inxustizas?.

Tampouco se lles ocorre nada para que os cidadáns españois sexan iguais con independencia do lugar do país en que queiran vivir?.

Pensan seguir sostendo institucións inoperantes?. E que pasa con todas esas empresas públicas case sen función (dicían vostedes!), das que pensaban prescindir?.
…………………………………………………
Despois de todo o dito, máis ben parece que están obrando non só “contra institutionale principium” e “contra naturam,” senón tamén “contra Universum”: Porque, respectivamente, colapsan a eficacia institucional, desatenden a aspiración natural do cidadano á paz social e caen, unha e outra vez, na mediocridade.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES