Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Bancos

miércoles, 08 de agosto de 2012
Coa capacidade recaudatoria que teñen os bancos, a planificación de investimentos e o rigor na concesión de créditos a pequenos e medianos clientes, cabe preguntarse a estas alturas da crise, como é posible que as institucións económicas deste pais caeran aplastadas pola burbulla inmobiliaria e precisen para manterse a flote o rescate institucional.

Porque para que unha entidade de crédito se aventurase nunha operación tiñan que darse, coincidindo, moi diversas circunstancias, entre as que non era a menor que o solicitante posuíra bens que respondesen pola cantidade solicitada, e que a operación se evidenciase doada e moi rendible.

E sen embargo fallaron todos os cálculos posibles, meteron a pata os comités de concesión de avales e préstamos, consideráronse óptimas operacións que resultaron un fracaso e á crise xeral que chegou de aló do mar sumáronse as múltiples crises de todas as entidades involucradas en operacións de risco que, unha tras de outra, foron experimentando desasosego e terror.

Velaquí que o goberno, todos os gobernos, se sitúan detrás das entidades crediticias para evitar que o sistema desapareza, e apoiarán a súa continuidade cos medios que faga falla, que polo de agora están cifrados en cen mil millóns de euros. E logo será o que os mercados queiran.

E de paso que solucionan o problema de fondo, tomaron as entidades boa nota e agora dedícanse á recaudación, cando non á rapiña, pola máis ampla variedade de conceptos, que repercuten no contacorrentista básico que a cotío se pregunta se non é mellor pechar esa conta e proceder ao pago dos recibos do xeito máis directo ou, coma antes, directamente aos cobradores de cada empresa.

Os bancos serán os últimos en caer. Primeiro caeremos todos nós. Porque a nosa caída, particular, humilde, non repercute en ninguén, e a caída dun banco faría mover os cimentos do sistema.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES