Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aparta, loureiro verde...

martes, 07 de agosto de 2012
A Modesto Díaz Muiños,
in memoriam.



“Yo quiero ser llorando el hortelano
De la tierra que ocupas y estercolas
Compañero del alma, tan temprano”

Elegía a Ramón Sijé
(Miguel Hernández).

Tamén quero ser eu o labrego que regue a túa sementeira, amigo Modesto. Labrego e Mestre de esta Terra que é verxel de flores e ermo –reminiscencias do noso Noriega-.
Ermo de soños onde as bágoas regan as hortas de Chavín con aqueles teus doces ollos e aquel xeneroso sorriso co que nos agasallabas ós amigos.

Son chegados os tempos das despedidas e si ti vas ó Alén –xeito de chamarlle o Ceo no que sempre creiches co bó cristián- na procura dun Deus xusto e xeneroso, outros seguimos polos cómaros da vida camiñando entre as pedras-¡cántas non pateaches ti!- tratando de dar testimuña da túa homía de ben e ca encomenda de facerlle a vida agradable a túa dona Carmucha co di a canción aquela que tantas veces cantamos no Naseiro: “Sólo te pido”.

Son moitos anos de convivencia de amigos que tiñamos en común moitas fermosas cousas: a nosa educación do seminario, a nosa profesión de mestres, as nosas mulleres de aldea, a nosa filosofía galega, e con ila a nosa retranca, a nosa panda do Naseiro e de viños, e o fervente desexo de contribuir ó ben dunha Terra da que nos sentimos sempre orgullosos. A nosa fala era ista. Os nosos soños parellos.

E como bos amigos discutíamos de política e de fútbol. Sobre todo de fútbol. Hoxe déixoche que gane o Madrid e leves no carabelo do maxín a ledicia de sentirvos campeóns. Sempre ambo-los dous soupemos que aquelo non deixaba de ser un pasatempo.

Agora, unhas horas antes do teu definitivo pasamento, se aínda es capaz de leer no corazón, quero que non esquezas a nosa aperta máis fonda, a de Maika, que só estivo un pouquiño de tempo agarimando a Carmucha-a súa enfermedade impideuno-, e a miña. Sempre digo que somos árbores que nos esgallan doores coma a túa perda, que nos arrancan as polas e con ilo a saiva da conversa sincera e as enseñanzas dos amigos, que só nos queda un tronco, como o vello olmo de Machado, carcomido polos propios defeutos e só as nosas raíces apodrecen pra crear esa leira de flores e ise mar de soños que sementamos xuntos.

Deus, pola amistade de D. Alejandro, o teu querido cura, te acolla no seu seo como merecedor da súa gloria. E que a Virxen dos Remedios do teu Mondoñedo da ialma sexa consolo e compañeira de Carmucha, Salo, Fernando e Sibila, a túa xente.

Sempre estarás presente nos nosos corazóns e seguiremos a cantar no teu honor:

“Aparta loureiro verde
deixa clarear a Lúa,
que estou no medio do monte,
non vexo cousa ninguna…”



Acó quedamos impotentes, sólos, os teus amigos: O Ranchito, Manolo Barreiro…un palleiro deles que sempre te teremos presente no nosos corazóns.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES