Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

II invasión normanda

martes, 31 de julio de 2012
A II Invasión Normanda na bocana da ría de Foz, histórico/lendario episodio que se escenificará o vindeiro mes, fai que as sirenas dos asteleiros chamen a zafarrancho e se detecte unha febril actividade para arranxar novas unidades, as mais axeitadas para unha eficaz loita fronte ó inimigo, segundo as normas contructivas que dicta a experiencia de tan longo percorrido da recua de operarios que labora no estudo e dominio das novas técnicas que o departamento de I+D, de Construccións Navais Normandas (CNN), que dirixen os avezados enxeñeiros, de ascendencia grega, Carolus Nierensis, Gran Duque de Polonia, e Petrus Daureliensis.

Iste ano, polo Bispo Santo realizaron un cursiño intensivo de posta ó día nas novas artes, pois pretenden desbancar á ata dagora superioridade da intervención diviña de San Gonzalo.

Xentes con poder de inventiva, que tras longas xornadas de estudo, análise e comprobacións domésticas, lograron grandes avances na aplicación de tradicionais métodos de traballo, mellorando de xeito claro o rendemento de serruchos, garlopas, trinchas e demais elementos usados de vello na vetusta carpinteiría de ribeira, factoría na que se construen as mais intrépidas naos que cruzan os mares.

Tras concienzudos análeses e debates, o equipo técnico de C. N. N.Carolus & Petrus, S.C. optaron polo modelo de embarcación “Drakkar”, termo que en escandinavo equival a “dragón” pois a miúdo o mascarón de proa representa a cabeza dunha destas bestas fabulosas, e que pola construcción armónica i equilibrada resulta o modelo idóneo para navegar polo Cantábrico. A donosura e beleza da súa liña, o notable incremento de unidades da flota atacante, o cromático colorido da esbelta escuadra fan que sexan multitude as xentes que, en longas riolas, acuden ás instalcións asteleiras para ollar tan engaiolante obra que vai facer que a II Invasión Normanda quede para a posteridade como a auténtica “ mais alta ocasión que viron os séculos”, como Cervantes, que non coñecía o Desembarco de Foz, definíu á batalla de Lepanto… Este feito histórico/lendario, cuxo eco resoa baixo as bóvedas milenarias da basílica de San Martiño, adobado cos elementos lúdicos, folclóricos e gastronómicos que o distinguen, está chamado a brilar no mais outo do firmamento festivo como o meirande espectáculo naval do norte de Galicia, para que as vindeiras xeracións non perdan memoria deste feito insólito…
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES