Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rouco Varela

miércoles, 09 de marzo de 2005
Os bispos españois optaron pola renovación, cousa ben nova nunha institución que sempre parece orientarse a que nada cambie, e que sexa o resto do mundo o que se "aggiorne".

Monseñor Rouco Varela, galego de Vilalba, que durante estes últimos anos demostrou unha total sintonía cun Vaticano lonxano, férreo e tradicional, parecía ter feito méritos sobrados para continuar un tempo máis ó frente da conferencia bispal española por representar tanto ó conxunto dos pais da Igrexa como ós aires que sopran desde o minúsculo estado do corazón de Italia.

Tódalas previsións e cábalas apuntaban á continuidade na presidencia colexiada, pero a maioría máis simple optou por un cambio, que se supón vai traer unha menor tirantez nas relacións co goberno español, e facilitar transaccións relixioso-políticas que serenen os ánimos de ámbalas dúas partes.

Os mellor pensantes considerarán que o Espíritu Santo tivo algo que ver no tema, pero os máis racionais ou realistas falan dun pacto entre nacionalistas e moderados para conseguir que a Igrexa deixe de ser permanente noticia polas súas diferencias co socialismo que goberna.

"Un tal Blázquez", para Arzálluz cando chegou ó País Basco, foi hai tempo bispo auxiliar de Rouco en Compostela, e entre outros moitos idiomas, pode falar galego na intimidade.

Dise que está perto do Opus Dei como parece ser tendencia na Igrexa triunfante e vai ter papel preponderante na Igrexa nos próximos tempos.

¿Vai significar que a estrela de Rouco declina? Non. Rouco Varela, Cardeal-Arcebispo de Madrid-Alcalá ten aínda moito que dicir na Igrexa, aínda que agora deixe de estar na primeira liña informativa para pasar a un segundo plano.

E na Igrexa é moi importante non destacar demasiado. Máxime, se temos en conta que os tempos parecen case chegados para a provisión da praza máis alta do escalafón.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES