Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Concurso de acreedores

jueves, 26 de julio de 2012
Cambian as denominacións, pero os significados son os mesmos. Antes chamábanse “reducción de plantillas”, e agora son E.R.E, expedientes de regulación de emprego, do mesmo xeito que o que antes eran “quebras” ou “suspensión de pagos” agora son “concursos de acreedores”, e uns e outros menudean nas noticias de cada día.

Empresas que se coidaban chamadas a continuar sempre, plantean Eres ou someten a súa situación contable ao dictame dun xulgado para conter o aluvión de acreedores, que teñen que superar un auténtico “concurso” para poder executar as débedas contraídas.

É este momento difícil para as empresas, especialmente as pequenas e medianas, suxeitas a todos os avatares, que dependen do contorno e da marcha económica da súa clientela. E no momento en que o paro se dispara e a actividade se contrae, redúcese o consumo e o dinamismo comercial rómpese.

Onde queira que miremos vemos letreiros que anuncian liquidación por peche, ou xa directamente vemos os cristais tintados que acreditan que unha empresa deixou de existir coa súa secuela de inactividade e paro. Porque o do concurso de acreedores queda para as medianas empresas, que as pequenas pechan simplemente as portas cando o empresario non é quen de resistir máis a presión de cada día.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES