Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rebaixar soldos

lunes, 23 de julio de 2012
O Consello da Xunta reuniuse de xeito extraordinario este venres pasado para baixar os soldos dos seus cargos máis importantes.

Parece que eso é cousa de venres para ter en que pensar a fin de semana. Porque o Consello ten a súa reunión normal os xoves, e o pasado xoves houbo consello, quedando para un extraordinario a xornada do venres, en absoluta empatía co goberno da nación, que cada venres nos ofrece unha nova volta de tuerca.

Está ben o de rebaixar, e se se rebaixa aos máis modestos, aos funcionarios que teñen soldos arredor dos mil euros mensuais, é bo sinal e comportamento obrigado que os de maior rango dean exemplo e recorten os seus beneficios económicos que proceden da caixa común.

Pero nalgún momento haberá que parar cos recortes. Porque cada un dos “recortados” ten unha economía particular cun balance de ingresos e gastos que cada mes ten que cadrar, igualando as dúas partidas. E a cada reducción na columna dos ingresos vai corresponder outra similar no capítulo de gastos, co que se consumirá menos e nalgún aspecto repercutirá na economía doutros particulares ou empresas.

Así que o recorte interminable rematará por non servir, provocando unha contracción económica de efectos imprevisibles.

E neso estamos. E xa se nos avisa que este ano xa vai como vai, o próximo seguirá a recesión, e no caso de que non haxa mala novidade a recuperación podería comezar en 2014 ou 2015.

De recortes, xa vai ben. Como non se preocupen agora das súas consecuencias, é para temerse o peor.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES