Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cando un ten un soño...

martes, 24 de julio de 2012
A Xulio Xiz, polos favores recibidos como cidadán de Viveiro e amigo.

Cando un tén un soño vive coma D.Quixote rompendo lanzas, aínda sabedor de que os seus desexos son só iso: ilusións que non se ven cumplidas por máis voltas que un lle día. E entón, no seu Rocinante particular, e sobre todo a pé, que é a mellor maneira de coñoce-lo mundo, sigue polos vieros da vida trai-la quimera, que é una negra sombra, onde se funde a realidade pra trocarse en fantasía.

E un decátase de que no seu morral só leva soños. Desexos vencellados os seus amores como son, no meu caso, como diría o benquerido Manolo Lombao: a muller, os nenos e o meu pobo.

A hixiene moral garda pra sí a intimidade do amor ós seus. Ós nenos un adícalles a vida, aínda xubilado, e recorda que pra iles inventou o “Xardín de Mecachis”* un país limpo, solidario e fermoso. E comprende que ser mestre non é un traballo, senón un xeito de amar e que ises olliños ávidos de comprender han de atopar fontes de verdade. O pobo é coma un lume que nos queima de cotío. Unha fogata coma a da noite de san Xoán onde cada un bota os seus desexos e onde un, sintíndose cola, non deixa de queimarse ata volverse brasa. É o lume do amor. Aquel que nos acompaña polos montes da vida, facendo os camiños de Machado, subindo penedos e procurando cómaros, entre corvos de garras afiladas que nos desgarran o corazón ou a ialma con razóns tan cativas coma os cartos.

Camiñamos vivindo a desfeita do habitat que lobicáns traxeados de señores, cochos de garabata, que nos rouban canto de fermoso nos regalou Deus e ata outros soñadores contribuiron a embelecer. Sufrimo-lo pobo e levámolo no morral, pois quen camiña é romeiro, e subimos a san Roque e dicímoslle que non pode ser, que tanta avaricia non pode comprar vontades nin ser tan nefastamente comprensible; que iso, que os políticos chaman realismo, só é un engado pra roubarnos o peixe do noso patrimonio.

Que o noso pobo, por máis que nos doa reconócelo, non é dado á queixa, e moito menos a protesta, senón que fai da resignación cristián un subterfuxio cómodo para apagar despois á door a base de viño nas tabernas. E seguimos a pedirlle cousas a cada cal máis boa e fermosa. E entón, xa canciños, lamémolle os xionllos, ollamo-lo pan de lonxe e poñémonos a ladrar as nosas esperanzas. E roncos de tanto ladrido, sentímonos cansos, pedímoslle relevo e decímoslle que, aínda que somos alentados por xenerosos cirineos, a cruz pesa, un vai vello e necesita descanso.

Non, non prometemos nin aplausos, nin outros reconñocimentos. Pouco valen os nomes nas rúas, as estatuas ou a coroa da cidade. O que verdadeiramente val e soñar e expalla-los soños nas palestra da vida para revirir o barco varado e poñelo a pescar, que nos somos pobo mariñeiro e de pescar vivimos. Pesquemos soños e sementemo-los nesta Terra labrega, onde o ceo chora de cotío pra ocougar as bágoas e rega-las esperas.

* Do meu libro " Se Deus se namorase ".
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES