Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Santiago, patrón de Foz

miércoles, 25 de julio de 2012
Nunca soubemos por qué, sendo o patrón da nosa vila Santiago, se celebran, como patronais, as festas de San Lourenzo. O feito, sen resultar insólito, é chamativo pois descoñecemos a existencia dalgún acontecer histórico ou lendario que relacione ó santo das parrillas co noso pobo.

Temos escoitado algunhas teorías que pretenden explicar as razóns polas que se da tal aparente anomalía, todas referidas a motivos laborais; pero non atopamos unha soa referencia escrita que puidese confirmar algunha delas. Así, dise que en tempos en que a agricultura tiña un importante peso na economía da nosa sociedade, trasladáronse as festas ó 10 de agosto para celebralas sen agobios, rematadas as faenas do campo referidas, sobre todo, ós traballos da sega e as mallas.

Outra versión no mesmo senso, para nós menos consistente, tería que ver coas costeiras do bocarte e do bonito. E unha terceira, senon mais veraz, sí mais atractiva, refirese á hipotética existencia dunha antiga confraría para organizar os festexos, que era propietaria de gando no monte; o día 24 de xullo celebrábase unha importante feira na Espiñeira a onde levaban a vender as súas reses, o que dalgún xeito interfería no desarrollo das festas...Posiblemente estas non sexan senon elucubracións carentes de fundamento, pero é pregunta que nalgún intre nos fixemos tódolos focegos e moitos foráneos: ¿por qué Foz celebra o San Lourenzo sendo Santiago o Patrón?

Un benquerido amigo deste cronista, mergullador nas páxinas mais agochadas da historia local, contounos que ó respecto só atopara, no libro de fábrica da igrexa parroquial, un par de referencias que orientan sobre as datas de celebración das festas de ambas advocacións, pero non das razóns do cambeo de titular das mesmas. Por anotacións no devandito libro sábese que, no ano 1634 pagouse X reás a un gaiteiro por tocar na festa de Santiago e, 33 anos despois, en 1667, por facelo na festa do San Lourenzo; e dende entón celebrouse sempre ésta.

Cantos vellos documentos teñen chegado ás nosas mans nomean sempre ó pobo como Santiago de Foz…Curioso, verdade?.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES