Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mercar piso

jueves, 19 de julio de 2012
O problema da nosa economía comezou pola burbulla inmobiliaria, atizada entre todos, que rematou por estoupar alcanzando coas súas esquirlas e adoquíns aos milleiros de implicados nunha cadea sen fin de promotores, constructores, inmobiliarias, bancos, intermediarios e particulares.

Desto, hai xa un cuatrienio pero ninguén ten idea de cando tan longa crise pode estabilizarse e comenzar a remitir.

As lendas urbanas falan da posibilidade de comprar pisos en cidades e pobos por arredor de cincuenta mil euros, pola metade do seu valor inicial, e as entidades bancarias teñen auténtica urxencia en desprenderse destas propiedades procedentes de embargos por débedas dos seus promtores, obstaculizando máis o normal funcionamento dun mercado anormalmente amorfo.

As últimas decisións do Goberno non deixan moito lugar ó optimismo, tamén no campo da vivenda. Certamente, é unha boa ocasión mercar un piso precisamente agora, no que queda de ano, tendo en conta que a comezos de 2013 van desaparecer as desgravacións por compra de vivenda nova e aumentará o imposto do valor engadido. O que agora non se consiga vender, logo vai ser imposible. Dificultade máxima para o sector.

Pero neste momento as entidades bancarias non facilitan a adquisición das vivendas, co que as posibles vantaxes quedan desvirtuadas pola máis dura realidade.

Os mercados reaccionan cada vez peor ás medidas que o Goberno toma para remediar os nosos problemas económicos. Posiblemente non entendan esas medidas, como non as entendemos nós. Ou posiblemente as entenden, ven as consecuencias previsibles, e saben que así non imos ben.

Hai que mercar vivendas para dinamizar o mercado e facilitar o acceso á propiedade. E suponse que o Goberno pretende esta dinamización. Pero ou non entende o goberno o problema, o sector non entende ao goberno, ou somos todos nós os que non entendemos o que pasa.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES