Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Concelleiros

martes, 17 de julio de 2012
A pretensión é reducir o número de concelleiros nun trinta por cento. Como podería ser o vinte ou o cincuenta, que aí está o libre albedrío dos gobernantes. Agora non especulan sobre o sexo dos anxos, tema que deixou de preocupar a unha sociedade materialista coma a nosa, senón o número de concelleiros que eliximos nos comicios cuatrienais para que gobernen os nosos asuntos de competencia municipal.

Como o goberno non se atreve polo de agora cos concellos, meterá tixeira nos concelleiros que os forman. Como se deso dependese o futuro económico dos concellos e do país.

Con tan escasa memoria histórica que temos ninguén lembra que hai corenta anos xa había concellos e concelleiros, e que nin concelleiros nin alcaldes cobraban pola súa función senón que eran empresarios, funcionarios, mestres, traballadores en fin que optaban a prazas de representación popular e todo o máis que conseguían en canto a pecunio directo eran unhas dietas pola asistencia ás comisións de goberno e sesións plenarias.

Pero logo o sistema trastocouno todo, e os alcaldes pasaron a selo a tempo completo, abandoando as súas profesións e percibindo do concello un soldo suponse que similar ao do seu traballo habitual. E deuse en proporcionar a concelleiros do grupo de goberno dedicacións exclusivas con igual procedemento e, no caso de concellos importantes, tamén os da oposición teñen algunha “dedicación exclusiva” para que comprendan mellor o funcionamento do sistema.

O sistema é o que non funciona ou funciona mal. Non radica a cuestión en reducir o trinta por cento dos concelleiros senón en que siga sendo un negocio o traballo de concelleiro ou alcalde, moitas veces única profesión que teñen coñecido os que detentan o cargo.

O actual Goberno non se atreve a modificar radicalmente o sistema, que dentro del teñen acomodo milleiros de afiliados. Calquera Goberno se vería na mesma problemática. Por eso optan por aplicar panos quentes a un sistema que non poderemos soportar no futuro, e que máis tarde ou máis axiña fará crise e caerá polo seu propio peso.

Non sobran concelleiros. Hai que revisar en profundidade as regras de xogo. E proceder en consecuencia. Por agora ninguén se atreve. Pero esto así non pode manterse moito máis tempo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES