Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fracaso

martes, 10 de julio de 2012
O Ministro de Hacienda ven de confesar o absoluto fracaso do seu departamento na recaudación do imposto de Valor Engadido, Ive, que grava os produtos e servizos que a diario consumimos.

Afirma o Ministro que se todos pagásemos este imposto e, polo tanto, todos esixíramos que polo que pagamos se nos expida a correspondente factura, non sería preciso incrementar as porcentaxes deste imposto neste momento vixentes. Pero que como existe a tendencia de moitos a prescindir da factura e polo tanto evitar ese oneroso incremento sobre o precio a aboar, cómpre aumentar os importes para compensar os incumprimentos.

Un Ministro do Goberno non pode recoñecer publicamente que o seu departamento non funciona, e que non consegue cumprir co legalmente previsto. E moito menos razoar que xa que non se da este cumprimento se vai incrementar a presión sobre os que o pagan.

A perspectiva é de fracaso despois do fracaso. Porque se o imposto xa é impopular a estas alturas, e considerado oneroso por innumerables contribuíntes, o seu incremento tentando unha maior recaudación non pode traer consigo máis ca frustración para os que están cumprindo, desánimo xeral, e conseguinte maior incumprimento e menor recaudación.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES