Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sube a luz

lunes, 02 de julio de 2012
Ninguén dubida que a enerxía eléctrica ten uns custos de produción moi elevados que as empresas teñen que facer repercutir nos consumidores. E que calquera retraso que hoxe se acepte repercutirá negativamente no futuro, arrastrando unha deficiencia ata que sexa insoportable para algunha das partes.

E agora sube a enerxía eléctrica – a luz, para mellor entendernos- nunha porcentaxe que nunca é pequena, xunto con outros elementos imprescindibles para a vida á que agora estamos afeitos. E esa subida repercute directisimamente en todos os consumidores, sendo máis sensible nos máis baixos que non teñen marxes de manobra e calquera aumento que se produce significa renunciacións a este ou outros aspectos do consumo cotidiano.

Alguén debera pedir disculpas por algo así. O que retrasou a medida para trasladar a responsabilidade aos que viñesen detrás, os que toman a decisión nun momento do máis inoportuno, ou calquera gobernante responsable de manter a festa en paz a través de conservar unhas condicións mínima de resistencia diante das fatalidades económicas.

Sube a luz, e as informacións oficiais recalcan que as porcentaxes son moi pequenas, que é indispensable facelo. Pero ninguén nos di como é posible afrontalo por parte dos que xa teñen moi difícil resistir nas condicións actuais.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES