Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ministra que censura

viernes, 25 de febrero de 2005
Un, que por idade viviu diversas situacións informativas, nunca pensou chegar a 2005 e percibir tal exemplo de censura como ven de exercer a señora Ministra de Fomento cos periodistas que cubrían a información do tráxico suceso da costa lucense.

O acontecemento chamou a atención xeral, e -como ocorre neste tempo de efervescencia informativa- en Burela situáronse xornalistas de diversos medios na percura da maior información posible para os seus lectores, oíntes ou teleespectadores.

Pois a Señora Ministra, como nos mellores tempos das exclusividades informativas, só permitiu embarcar con ela para seguir desde o mar as tarefas de rescate dos corpos dos náufragos, ós representantes da Axencia EFE e Televisión Española.

Se fose problema de capacidade do barco que a levaba, habería que sortear entre os presentes. Se era para facilitar o traballo dos medios "oficiais", a Señora Ministra non vive neste século nin neste mundo.

Por si eso fora pouco, a garda civil obrigou a outros medios, que seguían desde un barco a operación, a retirarse do lugar.

Cando eu empecei a facer información na radio, o único medio que podía dar información xeral de España era Radio Nacional de España, coa que había que conectar obrigatoriamente ás 14,30 e ás 22,00 h., para transmitir aqueles informativos que comezaban co toque de Generala matizado cuns arpexios melódicos.

Daquela, tampouco -moito menos- se podía facer información do exterior, que estaba nas exclusivas mans da Axencia Efe, e esta facilitábaa controlada para os que desexaban difundila.

En fin, que a Señora Ministra está anclada en mil novecentos setenta e pouco. E se non censura a información, censura ós medios.

Vexo que, diante de traxedias como a sufrida na costa galega estes días, se pretende que os barcos pesqueiros leven unha "caixa negra" e Gps, para prever e obter información dos accidentes futuros. Pois ben pode o Sr. Presidente do Goberno pensar en poñer "caixas negras" ós seus ministros, para controlar excesos e -cando estes se produzan- saber logo os porqués dos "accidentes" que provoquen.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES