Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O trofeo Conde de Fontao

lunes, 18 de junio de 2012
A finais de 1968, o alcalde Beltrán convoca a unha ducia de focegos co fin de organizar as festas do ano seguinte. Os asistentes nomean presidente a Javier Morán e debátese sobre o programa das mesmas. Alguen expón a idea de ofrecer, como novidade, un torneo triangular de fútbol coa participación de equipos de sona.

Aceptada a proposta comézase a traballar aportando cada quen as súas ideas, e tamén os seus medios, que podían ser de relacións persoais, que axudaran a lograr a presencia dos mellores equipos posibles nas condicións mais ventaxosas. O primeiro en aceptar a invitación foi o Pontevedra con quen Antonio Méndez Fanego, o popular “Jhonni” mantiña cordiais relacións.

Pepe Beltrán comprométese a facer un par de xestións:co Sporting de Xixón e co Ilmo. Sr. Conde de Fontao, entón don Alfredo Moreno Uribe, para que, doando o trofeo, levase o seu nome. Ambas resultaron exitosas e en 1969 xogouse o I Trofeo Conde de Fontao entre o Pontevedra F.C. e Sporting de Xixón, de grande éxito deportivo e económico, que coñeceo 23 edicións; enfrentando a clubes de 1ª e 2ª división galegos, españois e portugueses. Cada ano facía o saque de honra a raíña das festas, nesta ocasión Mari Loli Rei Teixeiro.

No libro ”C.D. Foz: un Clube con historia propia” os autores contan polo miúdo o que foi a práctica futboleira en Foz dende os anos 20 do pasado século, e cómo o trofeo Conde de Fontao foi un fito, xurdido nos miserentos anos 60, que quedou na memoria colectiva, como acontecemento esperado e celebrado perante mais de dúas décadas, nas que á vila acudían afeccionados de toda a comarca, de Galicia e de fóra dela..O último encontro celebrouse en 1991 entre o Celta e o Avilés.

A faceta mais suliñable no historial do C.D. Foz foi a de canteira de xogadores, moitos dos cales formaron en plantillas de equipos de 2ª e 3ª División de Galicia e Asturias, fundamentalmente, e mesmo de Primeira.

Non asumimos a verdade incondicional do verso de Jorge Manrique “cualquier tiempo pasado fue mejor”, pero hai moitas facetas do discurrir cidadán que, ó ollar o pasado, fan que nos invada a nostalxia. Síganos.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES