Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tropa poética

jueves, 31 de mayo de 2012
Antón Cortizas, vello coñecido do público infantoxuvenil, acaba de publicar Vaia tropa!, aparecido na colección Merlín de Edicións Xerais de Galicia, na que xa figuraban anteriores títulos seus como o memorable A merla de trapo (2001).

Poemario singular, anunciado dende a cuberta como “libro-xogo”, este volume, suxestivamente ilustrado por María Reyes Guijarro, incorpora unha setentena de composicións que animan a penetrar neles con espírito lúdico, facilitando o ameno exercicio da lectura como entretido argallar cos versos.

Arrincando dende as raiceiras da literatura galega de tradición oral e mesturando estas coa máis lucida tradición de autor, Cortizas crea un artefacto visotextual que resulta un verdadeiro circo poético: caligramas, poemas con ilusións ópticas, poesías escritas do revés que precisan para lerse dun espello (que o propio libro inclúe, por certo, en forma de cartolina prateada)… toda unha chea de engados para os ollos e a mente que en non poucas ocasións se ven acompañados doutras sorpresas gráficas, como os debuxos anamórficos que Guijarro ideou para algunhas planas e que só poden ser ollados cabalmente creando un tubulado cónico coa lámina-espello anexa ao libro.

Estes limericks de Cortizas, xenuíno álbum de tipos estrafalarios versalmente retratados, convencerán a aqueles lectores novos que anden na procura de títulos que atesouren nas súas páxinas, a un tempo, poesía ben tecida e escrita de lecer. Unha valiosa achega que ve luz, oportunamente, nestas datas prenatalicias.
Requeixo, Armando
Requeixo, Armando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES