Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A triple A

jueves, 31 de mayo de 2012
Tempos aqueles no que a Triple A – Alianza Apostólica Anticomunista- era un grupo terrorista convencional. Tratábase dun grupo de ultradereita que emprendía accións violentas de signo totalmente contrario, pero con idénticos métodos, aos do terrorismo de ultraesquerda.

Hoxe case ninguén se lembra do signifcado da Triple A que, afortunadamente, estes terrorismos violentos en occidente van pasando á historia pero rexístranse cada vez máis potentes os impactos doutras accións - ¿terrorismo económico? – que fan tremer os cementos das economías globais ou familiares.

A Triple A, nestes momentos, é a calificación ansiada por empresas e institucións por parte das axencias de calificación de riscos que un día e outro tamén nos sorprenden con valoracións que seguramente non teñen nada de caprichosas senón que están perfectamente fundamentadas en criterios supraeconómicos ou políticos e algo menos na realidade de cada entidade analizada.

A Axencia Moodys ven de confirmar a Francia a continuidade na calificación da Triple A, no momento en que o novo Presidente Hollande comeza a súa andadura polos procelosos mares europeos. Aínda que a mesma axencia recoñece que se trata dunha economía das máis fráxiles das que conservan esta alta calificación.

Pola súa parte, Standard & Poros baixou ata a Triple B, varios escalóns por debaixo da anterior, á Compañía Telefónica de España, aínda que considera que o negocio da entidade se mantén robusto nos tempos que corren.

A nosa vida (económica) camiña estes últimos tempos entre tremendas Primas de Risco, valores da bolsa e calificacións das Axencias internacionais, e cada día temos unha nova sorpresa que engadir á longa lista das anteriores. Ou moi ignorantes estabamos antes de todas estas cuestións, ou moito interesa que nos interesemos agora por estes datos para manternos na ignorancia da verdadeira situación. Ou as dúas couas.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES