Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Verbo do coñecemento metafísico

jueves, 31 de mayo de 2012
Tradicionalmente ven definíndose o coñecemento metafísico como aquel que toma por obxecto, en xeral, o que está “máis aló” do físico, que non pode coñocerse cos métodos ordinarios nin da ciencia. Pero hoxe en día hai diversidade de posturas: dende os que defenden a legalidade deste coñecemento ata os que a negan, afirmando que as proposicións que o integran carecen de sentido, son pseudo-proposicións, como o neopositivismo.

Sen embargo, a negación da mesma metafísica hai que facela metafísicamente, en termos metafísicos. Polo tanto parece razoable admitir algún grao de coñecemento metafísico.

Seguindo a Zubiri, podemos afirmar que Metafísica é a mesma filosofía, cando menos materialmente. Haberá quen obxecte (e en certa maneira con razón, aínda que non suficiente) que a Metafísica é parte da filosofía, coma a é a Lóxica, a Ética, etc. É verdade; pero a Lóxica é metafísica do coñecemento, a Ética é metafísica da vida…, e dicir, non damos un paso na filosofía que non esteamos utilizando os coñecementos metafísicos.

Sen dúbida, as reflexións metafísicas esixen un estraño esforzo intelectual; mais non porque iso que está “máis aló” do físico, se queren, das cousas, sexan cousas tan afastadas das que estamos vendo todos os días e que se nos faiga difícil acadalas: Non; nin son outras cousas nin están afastadas espacial ou temporalmente. Ese “máis aló” é o “máis próximo” e, paradóxicamente, o máis diáfano. O problema está en que tanta proximidade e tanta diafanidade fai que non teña a opacidade mínima necesaria para que, como di Zubiri, o home tope con iso, porque o diáfano non é obvio, non nós sae o camiño, coma as cousas.

Pola transparencia do diáfano podemos ver as cousa, pero a mesma diafanidade non é diáfana para si mesma e por iso faise difícil vela. Como din os indios no Vedas: “Aquilo que fai que vexamos, non pode ser visto; aquilo que fai que oiamos, non pode ser oído, e aquilo que fai que pensemos, non pode ser pensado”. Pois ben; a metafísica é a ciencia do máis diáfano, e o coñecemento metafísico ten que apechugar con isto. Incluso adoita falarse neste caso dunha visión violenta: “Es una visión violenta, ciertamente. Pero ¿por qué? – pregúntase Zubiri- . Porque, en primer lugar, no es una cosa obvia, sino algo que está en todas las cosas. Y, en segundo lugar, la violencia consiste precisamente en tratar de ver la claridad, pero sin salirnos de la claridad misma”. Non se pode confundir, pois, TER UNHA VISIÓN CLARA CON TER UNHA VISIÓN DA CLARIDADE: O primeiro persiguiu o coñecemento vulgar e científico, e vaino acadando pouco a pouco, e o segundo é obxecto do coñecemento metafísico, que eu quero defender, porque sen a claridade non se verían as cousas (polo tanto non habería os outros coñecementos), e a necesaria existencia desa diafanidade esixe as reflexión acerca dela, acerca da realidade en si mesma considerada. Xustamente nesta liña penso que podemos situar a Teoloxía, porque ela preocúpase de coñecer a Realidade Absolutamente Absoluta, a Suma Diafanidade.

Todo isto vai a conectarnos co coñecemento axiolóxico, porque tanto o sensible coma o valioso teñen o seu fundamento na realidade, nunha realidade que actualizada no mundo é o mesmo SER; e, por conseguinte, o sensible e os valores valen porque SON. É esta unha postura discutible, sen dúbida, pero paréceme non só razoable, senón incluso racional, e non creo que se poida combater sen valerse de argumentos metafísicos e tampouco rexeitar os valores sen que isto leve consigo uns efectos perfectamente verificables. E así estamos na presenza dunha metafísica da realidade, actualizada en ser, e do VALER (unha especie de METAXIOLOXÍA). Esta última coma outra forma de coñecer que non acada certezas verificables empíricamente, pero si conclusións de aceptable grao de probabilidade, lóxicamente obtidas.

Son xa moitos os físicos e astrofísicos, algúns co premio Nobel, que sosteñen que a concepción aberta do universo esixe outras formas de coñecemento ademais do científico (D`Espagnat) e que é necesario suscitar unha alianza entre razón científica e filosófica (Prigogine). E pola súa parte, Mario Bunge, en cita de Ruiz de la Peña, di: “Cuando los científicos menosprecian la filosofía, corren el riesgo de ser atrapados por filosofías no científicas que pueden frenar y aún descarrilar el tren de las investigaciones” (páx. 138 de “Materialismo y Ciencia”, Barcelona, 1.981).

Espero dedicar un artigo ao “coñecemento axiolóxico”, necesario para tratar algunhas cuestións antropolóxicas.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES