Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ave, tren

martes, 29 de mayo de 2012
Moitos galegos xa damos por perdida a batalla do tren, considerando que tardaremos moitos anos en contar na comunidade cun medio de transporte acorde cos tempos que vivimos e a necesidade dunha rápida comunicación que resulte competitiva co automóvil particular.

Están loxanos os tempos nos que nos conformábamos con sair de Galicia á noite, aproveitabamos a noite para viaxar, chegando a Madrid pola mañá do día seguinte para comezar a facer as xestión que nos levaban á capital do Estado. Agora, precisamos outra rapidez, outra facildiade de conexión.

Estamos fartos de que determinados políticos cataláns, catalanistas, se inmiscuian nos problemas de Galicia e se permitan opinar despectivamente, ofensivamente, sobre o presente e o futuro das nosas comunicacións en tren, cando aquela autonomía – con iguais dereitos e deberes ca a nosa- disfruta dun tren moderno e rápido desde hai moito tempo.

Galicia leva máis de medio século vivindo de costas ao tren porque a obrigaron, negándolle un servicio axeitado, e ofrecéndolle na estrada a única posibilidade de conexión coa meseta, tema no que si estamos á altura do resto das autonomías. E a A6 é un perfecto exemplo de infraestructura vital para unha comunidade.

Agora aparécesenos de cando en cando a ilusión – agardemos que non sexa un fantasma – do Ave como panacea das nosas comunicacións por tren, décadas despois de que outros territorios hispanos o disfruten, entreles Cataluña. Pois benvido sexa o Ave cando veña porque, polo de agora, estamos a máis de seis horas de distancia de Madrid mentras os cataláns están a dúas horas e media. E aínda teñen a desfachatez de agredirnos. Polo de agora, só verbamente.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES