Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Activos tóxicos

viernes, 25 de mayo de 2012
Non é doado de comprender a protección que a Administración presta a todas as entidades bancarias na actual situación do “sálvese quen poida”.

Bancos e entidades de aforro practicaron durante o tempo da “burbulla” inmobiliaria unha política tan demencial que só agora podemos vislumbrar as súas consecuencias, e mellor a veríamos se non houbese secretismo e preocupación do Goberno porque ningunha entidade sufra o que calquera empresa privada sufriría se os seus dirixentes se comportasen de xeito tan desequilibrado.

A financiación do “ladrillo” en base a unha esperanza futura, a concesión de créditos a quen manifestamente non podería pagalos en caso de empeoramento da economía, a alegría nas tasacións e cifras dos créditos desencadenou unha tormenta perfecta que todos agora estamos a sufrir as súas consecuencias, tanto directamente os afectados como indirectamente os que sufrimos restriccións de créditos e problemas nas empresas.

En Galicia quebraron 1.000 empresas no decurso de 2011, pero sen embargo non se deixará caer – quebrar- ningunha entidade bancaria ou crediticia polo que supoñería para a credibilidade do sistema e o entramado económico do país.

Para que os bancos non teñan problemas, son obrigados a desfacerse dos seus activos “tóxicos”, todos os relacionados co sector da construcción, para o que crearán cadansúa sociedade que se encargará de xestionar estes temas problermáticos deixando aos bancos liberados nominalmente dese problema.

Os bancos reciben todo tipo de apoios, créditos a baixo interese, condicións especialmente beneficiosas, sen que estas medidas repercutan no público en xeral, nin particulares nin empresas, non sendo comprendida esta situación e estas actuacións nun tempo verdadeiramente difícil para as empresas e os postos de traballo.

Os bancos vanse ver liberados dos activos “tóxicos”, pero seguirán sen abrir os créditos, sin solucionar os problemas das pequenas empresas e dos particulares. O Goberno segue sen dar mostras de querer solucionar o tema, e favorece ostensiblemente aos bancos sen esixirlles contrapartidas. Os bancos non terán problemas. Os particulares e as empresas seguiremos tendo moitos e graves problemas. Ata cando?.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES