Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A mensaxe da camelia

lunes, 14 de mayo de 2012
Hoxe en día, comezar coa tertulia de amigos a xornada, fai que èsta se encete baixo unha nebulosa pesimista . Nalgunha medida do desacougo culpamos ós nosos colegas: xentes activas e dinámicas que, cando un se achega ó grupo, xa eles miraron o televexo, escoitaron a radio e leron os xornáis; ou sexa, xa están cabreados, envorcando toda a xenreira en quen, aínda lagañento,
xa o fan víctima das novas que, cada día, tran os medios, portadores de mensaxes da inxustiza e do abuso dos poderes (político, económico, social…), poñendo en solfa os versos daquel tan coñecido poema de Curros Enriquez, no que Deus, dí: “se éste é o mundo que eu fixen, que o demo me leve”.

Daí a sorpresa cando hai algúns días na tertulia reinaba a ledicia e mesmo a euforia. Decir, para entendelo, que os nosos amigos son xentes de idearios ecoloxistas, amantes das plantas e dos animais en xeral, e dos cáns en particular; é decir, da flora e da fauna; pacifistas, e polo tanto, inimigos de toda violencia material ou inmaterial, proceda de quen e de onde proceda; moi doídos coa situación que vivimos, sobre maneira as capas mais humildes, das que son ferventes defensores, e afastados de toda ambición. Altruistas e atentos observadores de gobernos e gobernantes, dos políticos locais valoran o uso que fan dos medios que, coas súas declaracións, exemplo de sensatez, cortesía e bó facer, sirvenlles de plataforma para espallar a imaxe que queren transmitir do pobo que representan: por tal empeño desde hai anos somos noticia de portada.

Os xornalistas atopan aquí un maná pois a destreza no troque de chaqueta, a axilidade mental para, da noite á mañá, varíar de xeito radical os plantexamentos (poden, por exemplo, deitarse pola noite progresistas e erguerse conservadores ou nacionalistas, que todo se andivo xa); sen rubor, piden ós contrarios, que tamén o fan, que non mintan…e senon póñenos a caldo, pois están - os outros…- enganando ós cidadáns, etc.

Son matices nada vulgares que alimentan o morbo e, os periódicos, os beneficiados.Todos contentos. É certo que noutros lugares danse cousas semellantes; pero en Foz somos o máximo:¡nalgo íamos a ser líderes!.

En escenario tal, os contertulios, con grande algarabía, albiscaron a posible sinal da desexada rexeneración; trátase dun brote, ilusionante e significativo: por terras de San Martiño agromou a que poidera ser a primeira do ano na Mariña: unha camelia de cor amarelo que, intérpretes da simboloxía floral, din que pode ser premonitoria de tempos mais xustos, mais humanos e de maior fartura para todos... Este era, e non outro, o motivo da alegría que os colmaba..Ese día proclamamos para nós a grandeza dos compañeiros de tertulia.. ¡Albricias!; ¡en Foz naceo unha camelia amarela: a vida segue!.¡ Sursum corda!.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES