Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Estado das Autonomías

viernes, 11 de mayo de 2012
Agora, que todo está en cuestión, hai quen cuestiona o Estado das Autonomías, que ata este momento consideramos o mellor dos posibles, tendo en conta as indubidables vantaxes de poder decidir entre nós o que é mellor para os nosos intereses colectivos.

Hai que lembrar que cando naceu xa non se considerou unha solución perfecta porque se quixo contentar a todos, co que case nunca se contenta a ninguén. Falouse de “café para todos” ao conceder autonomía a territorios que nunca soñaran con posuíla, que non sentían a diferenciación do conxunto. E aos territorios históricos – Cataluña, País Vasco e Galicia- sempre lles soubo a pouco.

Polo forzado do seu nacemento pero, especialmente, pola traxectoria seguida coñeceremos os resultados das administracións autonómicas onde ten habido realizacións ben satisfactorias pero tamén desmesuras, duplicidades, excentricidades, e nun momento coma este asoman as preocupacións e as críticas por parte dos administrados.

Considérase conveniente a fusión dos concellos, a supresión das deputacións, a devolución de competencias por parte das autonomías ou a reasunción destas por parte da Administración central, como se por si mesma a actuación centralizada fose mellor que a autonómica cando por principio se consideraba o contrario.

É momento de reaxustar, pero non de rebaixar cometidos autonómicos. E momento de suprimir duplicidades, de asumir cada quen as competencias que lle son propias e dotalo da financiación axeitada. Pero que a situación non sexa pretexto para dar marcha atrás na descentralización de competencias que ten demostrado as súas bondades cando as autonomías funcionaron ben.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES