Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

5.000 habitantes

martes, 08 de mayo de 2012
Era difícil, cando desde Madrid se dispoñían normas xerais para toda España que se tivesen en conta as características propias de cada rexión, hoxe autonomía, pola variedade e infinidade das súas peculiaridades.

Do mesmo xeito é difícil que unha disposición que se poida adoptar en relación cos concellos poida ter un máximo común denominador referido á poboación, porque un concello galego nunca poderá compararse a un castelán ou a un andaluz.

Sobre o papel, a cifra de cinco mil habitantes estimada como base racional para poder manter a estructura e os servizos dun concello, serve para a ancha Castela, pero non para nós. Se cinco mil habitantes fóra de Galicia significan un núcleo mediano, concentrado e doado de servir, eses cinco mil habitantes en Galicia requiren, pola nosa dispersión, unha extensa superficie que posiblemente esixirá maiores esforzos e custos para ser atendida que na actualidade.

De aplicarse en Galicia esta norma, polo de agora en fase de estudio ou suposición, afectaría a 82 dos 92 concellos ourensáns, a 54 dos 67 concellos lucenses, a 41 dos 94 da Coruña, e a 22 dos 62 pontevedreses. Sería unha auténtica revolución que xa conta coa oposición dos organismos que representan ao conxunto dos concellos, e un movemento en contra na maior parte dos concellos que non augura moi bo futuro para esta posible normativa.

En primeiro lugar, cada comunidade autónoma requeriría un tratamento especial, e sobre todo conseguir a posta de acordo dos concellos que puidesen verse afectados, xa que unha normativa global que force a unha unión repentina e artificial non traería máis que problemas engadidos á problemática actual.

Se se trata dun globo sonda, seguro que o Goberno recibirá información abundante da situación que pode crearse se se toma unha decisión deste tipo. Desde Madrid pode verse o tema dun xeito determinado, pero desde Galicia – que queda moi lonxe de Madrid- vese totalmente diferente.

Que se estudie o tema axeitadamente, dentro de Galicia, para ir evolucionando de xeito prudencial nun tema problemático que de abordarse por Decreto non faría máis que empeorar unha situación xa abondo escura e difícil.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES