Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rebaixar

viernes, 27 de abril de 2012
Se as institucións teñen que axeitar os seus orzamentos aos previsibles ingresos, toca recortar como se está facendo patente en canta información recibimos de todas as institucións.

Non é posible aumentar os ingresos, polo que haberá que atemperar os gastos, rebaixando de onde sexa posible. Os particulares témolo moi claro e relativamente doado, rebaixando no posible no referente a viaxes, expansión gastronómica, gastos supéfluos... e as institucións deberan así mesmo facer o propio nos seus orzamentos, tendo en conta que os ingresos non van aumentar e a situación dista moito de mellorar alomenos na perspectiva previsible.

O capítulo de persoal das corporacións locais complicouse nos últimos tempos ao aumentar de xeito desmesurado as competencias dos concellos nos máis diversos ámbitos. E os recortes non deben agardar.

Nestes momentos procédese a eliminar aquelas partidas supostamente supérfluas, pero fai falla algo máis, despois de rebaixar tamén os investimentos previsibles.

O concello de Xinzo de Limia anda a dialogar cos seus traballadores para, evitando un Ere, poder manter o nivel actual de emprego rebaixando os emolumentos que perciben, e a Alcaldía chegou á conclusión de que os traballadores deben admitir unha rebaixa do 22% do seu salario actual para poder manter o actual nivel de emprego.

É difícil de asumir unha “quita” así, pero máis difícil é recortar nunha relación de postos de traballo, aumentada sustancialmente nos últimos tempos de alegría administrativa e económica que agora se evidencia imposible de manter.

Compre rebaixar, e ou se reduce na cifra dos traballadores ou na dos salarios que se perciben. Neste concello, como noutros moitos lugares haberá que decidir, que hai que rebaixar a calquera precio, tendo en conta a necesidade de producir o menor dano posible, pero tamén de manter a estructura laboral nunhas dimensións admisibles e sostibles.

A decisión non é doada. E supón merma e danos colaterais. Pero os tempos e as circunstancias piden rebaixar, e hai que rebaixar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES