Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que facer cos vellos

miércoles, 25 de abril de 2012
De repente, plantéansenos demasiados problemas xuntos, e os nosos gobernantes non saben que facer con eles, ou non teñen capacidade para pode resolvelos.

Un deles, é o aumento da poboación maior coas conseguintes consecuencias sociais e económicas.

Nun tempo do que xa non gardamos lembranza, estableceuse a xornada de traballo en oito horas – tope de 40 á semana-, o que se chamou “semana inglesa”, descansando primeiro a tarde dos sábados e logo o sábado enteiro, e a xubilación aos sesenta e cinco anos, cando a media de vida estaba no contorno dos setenta e cinco anos de idade.

Pero todo evoluíu, mesmo a mellora das condicións de vida, e na actualidade a perspectiva vital supera con moito a de hai medio século, co que os pensionistas son pensionistas durante moito máis tempo, coa repercusión ostensible na economía xeral dos países.

O Fondo Monetario Internacional ven de dar unha badalada en relación co tema dos pensións e dos pensionistas, tendo en conta a prolongación da vida, abogando por recortar as pensións futuras e reforzalas con plans privados que complementen as percepcións de subsistencia dos xubilados.

Ven recoñecer que os gobernos non tiveron en conta a evolución social, e de repente se encontran cun problema que hai que resolver aínda que non saiban como, tendo como perspectivas inmediatas o aumento sucesivo das idades de xubilación que vaian correspondéndose coa esperanza de vida para acomodarse á realidade de cada momento.

O problema é que facer cos vellos en cada momento, empezando por determinar en que momento se comeza a ser vello para deixar de traballar e, polo tanto, a percibir do Estado as cantidades correspondentes á contribución de cada quen durante a súa vida activa. É un problema engadido, que forma parte do problema global, e que evidencia que as solucións da actual crise non han ser parciais ou sectoriais senón que teñen que formar parte dun conxunto, cunha política global, da que dependerá o futuro tamén de todo o conglomerado social.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES