Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Rei pide perdón

viernes, 20 de abril de 2012
Coa globalización, temas nacionais e aínda mundiais convértense en galegos, do mesmo xeito que algúns temas galegos transcenden a escala xeral facéndonos por un momento o centro do mundo informativo. Son, pois, temas galegos a decisión arxentina de nacionalizar Ipf, a irrefrenable ascensión das primas de risco, ou a cacería de elefantes do Rei nun remoto lugar de África.

Quédome coa noticia do Rei, que ven de pedir perdón pola súa actitude, demostrando que vivimos un momento histórico penoso ou penosamente histórico.

Temos un Rei que as pasou moi duras no franquismo, agardando primeiro pola súa designación e despois pola desaparición do dictador. Cando en 1975 empeza a ser Rei ninguén daba por el o máis mínimo. O mesmo Carrillo, que logo sería un bo aval, falou del con desprezo.

Tivo que gañarse a coroa paso a paso. E o 23 de febreiro de 1981 consagrouse como un Rei salvador pola súa postura diante do golpe de Estado. E desde entón a monarquía viviu con todos nós unha lúa de mel política e social, podendo vivir das rendas daquela noite e do que despois evolucionou.

E España gañou por parte de todas as nacións de Europa a consideración dun país democrático, e fomos un país democrático que elaborou en 1978 unha Constitución aberta, para todos, que afortunadamente sigue vixente.

E soubemos que tiñamos un Rei – e unha familia Real- que gozaba de boa consideración xeral en todo o mundo, que cumpría cos seus papeis de relacións públicas e representar a soberanía, e foise organizando a natural sucesión cando chegase o momento.

Pero agora, estes últimos anos, que a crise está acabando con tantas cousas, tamén a monarquía está vivindo tempos “horríbilis”, dos que non vislumbramos o remate, que non lle sentan ben á Institución e, polo tanto, a todos nós.

Que a voda do herdeiro fora morganática, aínda que a parella poida reinar, foi o primeiro impacto, asimilado como síntoma de modernidade. Pero que os maridos das infantas resultasen inadecuados, especialmente os supostos manexos impropios de Urdangarín, deixaron a Familia Real en situación propicia para que calquera vento levantase tempestades.

As dúas últimas noticias foron demoedoras: Froilán, o fillo de princesa e duquesa de Lugo, que en Lugo se considera case lucense, sofre un accidente de caza en clara infracción de calquera regulamentación con sentido común. E coa que está caendo, o Rei sofre un accidente en África mentras participa nunha cacería de elefantes. Non sabendo nós con cal aspecto quedarnos, se con irse de caza maior neste difícil momento, ou non ir ver ao seu neto ferido ao hospital por estar cazando.

O Rei pediu perdón polo seu comportamento. E un sente nas carnes que algo está rematando, que non vai poder vivir máis de rendas políticas, que se levantou a veda; que esta crise estanos arrebatando moito máis ca seguridades económicas e postos de traballo. Está sendo, vai ser, verdadeiramente, unha crise moi grave.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES