Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lectura

viernes, 20 de abril de 2012
Dise que é tal a importancia que ten a lectura na formación intelectual e cívica da persoa que fíxolle decir a Nicolás de Avellaneda, xornalista e político arxentino do século XIX: “cando escoito que un home ten o hábito da lectura, estou predisposto a pensar ben dél”.

Dase por aceptado que a lectura é porta á cultura, pois pode decirse que sen aquéla difícilmente se accede a ésta; daí que as institucións con responsabilidades neste eido, se apliquen en artellar formas polas que achegar á cidadanía esa convicción e esa práctica.

Suponse que nese marco a concellería de Cultura de Foz organizara o Maratón de 24 horas de Lectura, que durante varios anos celebrouse polo Día do Libro; efeméride que, sen que se explicaran as causas, hai xa tempo foi suprimido. ¿Cansancio? ¿Falta de interese e, polo tanto, baixa participación de lectores? Non sabemos; retirouse, e punto.

Unha interesante forma de promoción, e disfrute dela, é tamén a través dos “clubes de lectura”, que na nosa bisbarra funcionan en varios pobos, Foz entre eles; acaso sexa ésta, en aspectos, mais efectiva que o “maratón”, ó engadir matices que enriquecen a didáctica da lectura: o clube aglutina a un grupo de persoas que len o mesmo libro. Xúntanse logo e, coa participación dun moderador, coméntano e debaten sobre o contido: argumento, estilo literario, acción, personaxes… que deriva a veces hacia outras apreciacións, porque “quen le moitos libros e non pensa sobre eles, é unha estantería”.

Duas son as ventaxes desta modalidade: tras a lectura persoal e íntima, compartir con outras persoas os análises e consideracións; son, pois, as ventaxes do “traballo en equipo”, ao que somos pouco dados. Na medida do posible os clubes procuran a presencia nas súas xuntanzas do autor do libro que leron previamente, o que engade especial interese: unha experiencia que aumenta o atractivo.

Alguen dixo que analfabeto non é o que non sabe ler, senon o que sabendo, non le. O vindeiro luns é o “Día do Libro”. Unha forma axeitada de celebralo podería ser lendo estes días un a maiores.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES