Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Desde a casa

viernes, 20 de abril de 2012
Hai tres décadas, falábase na Administración española dun sistema polo que se podía controlar o traballo dos funcionarios. Tratábase da conexión da máquina de escribir do funcionario cunha central na que quedaba rexistrada a evolución do traballo mecanográfico para analizar o cumprimento ou non co seu plan de traballo.

Neste tempo avanzouse de xeito incrible na dixitalización e control informático de cada posto de traballo, o que permite que a Administración poida plantearse o traballo non presencial dos funcionarios e estes poidan desempeñar parcialmente as súas funcións desde o propio domicilio.

Así, a Xunta de Galicia está estudiando a normativa que permita que determinado persoal funcionario poida prestar desde o seu propio domicilio o traballo habitual, debendo estar permanentemente localizados por correo electrónico e teléfono móvil.

Preténdese deste xeito manter o nivel – controlable- de traballo dos funcionarios aforrando no que se refiere ás infraestructuras e gastos xerais. E por outro lado, tamén se contempla a flexibilidade horaria, cun horario fixo e outro de cumprimento flexible. A posta en marcha destes dous sistemas porase a proba en determinadas oficinas que o permitan para comprobar a súa efectividade e resultados.

Son novos tempos para as Administracións que as novas tecnoloxías permiten, que redundarán en beneficios para a vida familiar dos afectados e en aforros para a Administración, sempre que se manteñan os niveis de efectividade do traballo funcionarial.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES