Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Feira da Verza e do Lacón Cocido

lunes, 16 de abril de 2012
Feira da Verza e do Lacn Cocido A quinta edición da Feira da Verza e do Lacón Cocido

O Concello de Guitiriz todos os anos rende homenaxe a dous dos máis importantes produtos gastronómicos galegos, a verza e o lacón. Esta feira celébrase en Labrada, no propio concello de Guitiriz, e este ano ten xenerado unha grande expectativa tanto polo número de expositores como pola acollida que está tendo esta celebración.

A quinta edición da Feira da Verza e do Lacón Cocido organizada pola plataforma veciñal ProLabrada, de Guitiriz, celébrase o 21 de abril.

A partir das once da mañá abriranse as casetas con produtos da zona e presentaranse as cestas que optan aos premios económicos do concurso para as mellores propostas na categoría individual ou por barrios. Á unha e media do mediodía celebrarase unha misa campestre seguida do pregón que dará paso a unha comida popular cos produtos estrela da feira arredor das tres da tarde.

Na sobremesa haberá xogos populares, un concurso de baile e un campionato de tute. A orquestra Los Españoles amenizará a xornada que remata á noite cunha churrascada popular.

A reserva das comidas custa 20 euros, mentres que cada un por separado teñen un prezo de 15 e 10 euros, respectivamente

A parroquia de Labrada está situada a 14,3 km do núcleo municipal e conta con 313 habitantes según o Padrón do 2005, agrupados en 39 entidades poblacionais.

En Labrada, destaca a súa igrexa parroquial e o conxunto monástico da Granxa. Labrada era unha das propiedades máis importantes do Mosterio de Monfero. A parroquia creouse no século XIII a raíz da necesidade de atender cristianamente ós fieis deste amplo territorio. Así, construíuse un pequeno conxunto monástico, que se chamou “A Granxa”.

Xunto co complexo monástico da Granxa destaca a Igrexa Parroquial de Santa María , situada no lugar de Mallo, é un templo románico reconstruído no S. XVII e no S.XVIII .

Destaca a imaxe popular da Virxe con arco adintelado do S. XVIII e hornacina, no seu muro dereito consérvase a porta primitiva, e no prebisterio o retablo maior barroco popular do S.XVIII.

En Labrada, tamén destacan as “mámoas ou medorras” como poden ser a “Medorra de Formosa” en o Castro ou a “Medorra da Pena dos Nenos” en Serra da Loba.

Ademais das mámoas, tamén destacan os castros como son O Castro de Margá , situado na aldea do mesmo nome, na ladeira da colina en vez de nun alto como soe ser habitual , ou o Castro da Torre en A Torre.

A festas patronais de Labrada son na honra a Sta María os días 14 e 15 de agosto
Rodriguez Patiño, Luis Ángel
Rodriguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES