Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Botarlle teatro

martes, 10 de abril de 2012
A recente entrega dos premios María Casares do teatro galego, transmitida pola Televisión de Galicia, permitíu ver un acto diferente onde as creacións artísticas insertadas para amenizar as sempre monótonas entregas e consabidas palabras de agradecemento deixaron moi alto o pavillón teatral e foron un exemplo do que se pode facer con poucos medios e moita imaxinación.

Magoa cando se utilizan estas celebracións para facer política, do signo que sexa, aínda que se trate de protesta polos recurtes que se efectúan nos orzamentos culturais, porque esa utilización oportunista minora o que podría ser unha gran celebración e un acto dunha altura propia dunha arte que, coma no acto se dixo, leva tres mil anos viva neste país.

O Conselleiro de Cultura e Educación que senón presidía estaba en lugar de honra vixiado polas cámaras televisivas tragaría toda a quina do mundo polas palabras, intelixentes e polo tanto doblemente ferintes, de algúns dos premiados. E mesmo Amancio Ortega foi mencionado polas súas costureiras supostamente mal pagadas que constituirían a base do seu emporio industrial.

Os actos de entrega de premios, sexan os Oscar, os Goya ou calquera outros similares teñen o perigo da repetición, da monotonía, do “xa visto”. Estes María Casares, non, e fixeron honra ao seu nome e ao seu espíritu porque a organización “botoulle teatro” á celebración, e a arte escénica quedou de manifesto.

Gloria ao teatro galego. E se non se lle mesturan outras cousas, mellor que mellor.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES