Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Renqueante construcción

martes, 03 de abril de 2012
A construcción foi o máximo exponente de expansión industrial e económica en Galicia e en España nos tolos anos que ancederon ao crak recente e doroso do que non nos damos recuperado.

Dise que a metade do cemento que se producía na Unión Europea se consumía en España nestes anos demenciais nos que acabou involucrado na construcción e promoción de vivendas todo investidor fose cal fose a súa procedencia, ata que de noite para a mañá todo derivou na caída nun profundo foxo do que nin siquiera os máis poderosos conseguiron saír.

A Banca foi un dos maiores culpables desta situación fomentando a concesión de créditos moi por encima da realidade dos solicitantes, inflando valoracións, concedendo hipotecas moi por riba dos valores reais, e apoiando iniciativas que acabaron nun desastre para os promotores e convertiron ás entidades bancarias e de aforro nas maiores propietarias de inmobles do país.

A catro anos da aparición do problema, hai quen quere ver brotes verdes na situación da construcción, nas mínimas compras que a demanda de vivendas permite, na necesidade da xente moza de acceder a unha vivenda, na contitnuidade dunha mínima parte de promocións de vivendas que parecen volver á vida despois dun brutal parón. Pero calquera operación de venda de inmobles vese condicionada polas especiais condicións que ofrecen as entidades bancarias e de aforro para desprenderse do inmenso lastre de propiedades embargadas.

O colexio de Arquitectos de Galicia publicou que o pasado 2011 só se visaron 4.687 proxectos de obras en Galicia, sendo 47 os concellos galegos nos que non se visou unha sóa obra, nin o tema leva trazas de mellorar se temos en conta que en Galicia hai arredor de 40.000 inmobles sen ser utilizados. A baixada de tramitacións de proxectos en Galicia desde o 2006 ata o pasado ano foi do 90% - De 46.881 a 4.687- co que ben pode apreciarse o longo camiño que lle queda a esta actividade xa non para lograr ser o que foi, que se entende nunca o ha de conseguir, senón para volver a unha normalidade acorde coas necesidades reales da nosa poboación.

A construcción, e actividades con ela relacionadas, foi o sector máis directamente perxudicada pola crise aparecida a comezos de 2008, e causante de todo o problema económico e social no que nos vemos envoltos. Non se lle ve solución polo momento, do mesmo xeito que tampouco se ve un interese específico en que esto teña solución. Quizais porque hai tantos frentes que ao non saber en cal loitar se ten abandoado a loita.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES