Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O ano das cooperativas

lunes, 02 de abril de 2012
O calendario da concienciación social do 2012, convocanos a espertar coma colectivo e descubrir a bondade das cooperativas coma vieiro eficaz para saír da crise, unha ferramenta que fornece a competitividade na “aldea global”, por aquelo de que “a unión fai a forza”, mesmo na loita pola dignificación da comercialización do leite, carne, madeira, productos ecolóxicos, etc. fronte á industria esquilmadora do esforzo e da tensión persoal dos labreg@s por mellorar a alimentación.

Incentivan a rendabilidade, porque alixeiran o peso ecónomico na produción da explotación, cando os prezos do leite e carne están tan baixos, achegando todo o avituallamento a menor custo.

Compre optimizar os recursos da Chaira, dotada para o futuro agrogandeiro, aminorando gastos, mesmo nos eidos estratéxicos da publicidade, novas tecnoloxías, apertura de mercados fóra, camiños a desbrozar para competir neste mundo.

Urxe xestionar novas medidas para loitar contra o minifundismo e improdución de tantos terreos, e ubicar aquí os centros de poder da industria agroalimentaria. Hai cooperativas en todos os ámbitos: consumo, ensino, crédito, etc., pero aquí son as gandeiras as que levan a pauta.

Benia a consigna a prol delas porque é un galano esta aprendizaxe a traballar, soñar e deseñar en grupo. Unha oportunidade para desterrar o tópico de que non somos capaces de integrarnos en grupo, a non ser que vivamos na diáspora.

Os que temos a fortuna de facer andaduras co mestre Pousa Antelo, “chairego de honra”, fomos interiorizando este xeito de organizar a economía de base, a autoxestión, e laiamonos de que pioneiros coma él con tanta experiencia e coñecementos no cooperativismo, non estivesen á fronte da administración ou fosen escoitados para alumearnos por este camiño, pero deixamos pasar o sol pola porta sen aproveitar o seu calor.

Si noutros países este movemento foi arrequecedor, aquí tamén podemos adoptalo. En Portugal o 70% do leite canalízase a través delas. Arestora estas agrupacións exprimen o inxenio argallando pensos para alimentacións máis sas e completas para o gado, e con menos inversión. Ofrecen servizos de asesoramento, cada volta máis complicados, de identificación de reses, vendas,etc.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES