Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Caxigueiro no Gaiás

lunes, 26 de marzo de 2012
Caxigueiro no Gais A monumental Cidade da Cultura de Galicia, que na cima do miradoiro natural do monte Gaiás, sobre a eterna Compostela, asoma a estructura dalgúns edificios ; dous artistas, que se funden na plástica e na literatura, ofrecen unha exposición singular, engaiolante e didáctica, baixo o expresivo título de “Os ollos das palabras”, que conta con senllas homenaxes a Díaz Pardo e Celso Emilio Ferreiro..

Os artífices do interesante e novidoso proxecto son Daniel Rubal, “Caxigueiro”, recoñecido e premiado escultor-ceramista, mindoniense de nación, afincado na focega parroquia de San Martiño. Alí, á beira do Centiño, á sombra das pedras mais que milenarias da pérola histórica e artística que é a basílica, en paraxe bucólico, ten o artista o fogar e o obradorio no que, virxiliano e pacifista, a súa sensibilidade de creador, a través do barro, o ferro e a poesía, expresa os sentimentos, sempre de fondo contido humán e social, en plena sintonía cos valores que natura espalla ao seu arredor.

O dominio da arte plástica permítelle transformar en orixinais obras o que a fibra sensible e a imaxinación perciben, mergullado na variada e rica floresta, que tanto ama, na compaña de Lucas, o inseparable can.

Compañeiro na experiencia pioneira é o poeta e pintor Baldo Ramos, nado na Celanova “dos poetas”, que moi xove comezou a escribir poesía; ten recibidos numerosos premios e publicados unha ducia de libros. Pinta dende hai 20 anos e conta con diversos galardóns.

Na compaña duns amigos visitamos a Cidade da Cultura. Confesamos que nos impresionou: pola súa magnitude, pola armonía e o respeto das edificacións co entorno natural, pola luz e o deseño das espaciosas estancias, pola fermosisima pedra que locen os seus muros etc. e produciunos unha singular complacencia contemplar en marco tan selecto, case que maxestuoso, instalada en lugar prominente do mesmo, da que se editou un pulcro e coidado catálogo, a exposición que comparte o noso veciño e amigo, cuxo prestixio traspasa fronteiras pois, próximamente, amosará a súa obra en Zaragoza. Os nosos parabéns.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES