Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

21 de marzo: Nos idiomas comúns da poesía

martes, 20 de marzo de 2012
A poesía é unha mostra creativa de diversidade e de diferencias. Defínete e faite libre. Determínate a singular plural. Tamén te pon constructor@ de moito. Compañeir@. Ponte na crítica positiva das palabras que ti usas para te expresar. E interpretas de forma bonita, pero firme, a(s) realidade(s).

E así se queres, en poemas, poderás poñer en limpo o que pensas e o que entendes para comunicalo. E faralo libremente. Poderás escribilo e (ou) debuxalo. Tamén facelo música, xesto, baile e forma de andar ou de mirar, ou vai ti saber como se che dá por facelo. E sempre no idioma que é teu e así faralo notar ben para que se disfrute del nunha gramática rigorosa, pero singular, poética, limpa e de campar, humilde de tanto orgullo, sexa en feminino ou en masculino, e tamén en plural.

Xa que logo na poesía e no poema podes mandar sinais de vida, a vida mesma, aos mundos que soñas e soñamos, aos que temos diante,aos que gozamos e aos que tamén estamos a padecer.Pois de que falar nos poemas se non é do que nos ocupa e preocupa, do que nos move e conmove, Nos teus poemas circularán libremente as túas palabras, as mellores e máis honestas e as túas ideas, e as nosas tamén.

Non olvidar que se trata de comunicar. De compartir. E así diso xorde a toda fresca a beleza para poner de mellor campar a nosa casa ( e o mundo).

Coa poesía ponse moita cousa nas nosas mans para traballar con ela. Velaí o 21 de marzo DÍA DA POESÍA, día para pensar se é posible que as nosas forzas creadoras son certas de verdade e podémolas sentir a tope , as dunhas e as duns con todas e con todos.

Esta idea DO DÍA DA POESÍA naceu o día 21 de marzo en París para tela en conta en todos os pobos do mundo e así no noso pobo faremos un parar para celebralo con acariño de certo e confiado. Este día 21 soarán todos os idiomas do mundo, todas as linguas do universo, en poesía. CHEAS DE POEMAS.

E nós estamos niso e con iso…a que si? Nunca olvidemos que a poesía ten mil formas de entendela, pero nace sempre do máis intenso, do máis íntimo, da cultura dos nosos pobos. Botemos unha man para sentir a importancia de beleza, a forza inmedible, da poesía. E desde ela tamén podemos gustar da lectura. Tamén do ben que nos senta botar un poema ao mundo.

Que efecto dinámico e dinamizador.Sempre haberá unha color que descubrir. Un atopar palabras feitas poema. Unha chave coa que abrir as sorpresas. Un poema que nos di sempre quen somos…quen podemos chegar a ser. E por iso…nunca digas non a un poema. No te canses nunca de vivir. Tamén coa POESÍA.
Otero, David
Otero, David


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES