Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A quinta edición da Feira da Verza e do Lacón Cocido da parroquia de Labrada, en Guitiriz

sábado, 17 de marzo de 2012
A quinta edicin da Feira da Verza e do Lacn Cocido da parroquia de Labrada, en Guitiriz A quinta edición da Feira da Verza e do Lacón Cocido da parroquia de Labrada, en Guitiriz, celebrarase o 21 de abril, tal como anunciou a organización da mesma, a cargo da plataforma veciñal ProLabrada.

Este encontro popular contará con sendas comidas, para as que se poderá reservar conxuntamente por 20 euros(xantar e cea). Así, ás 15.00 horas haberá unha comida campestre nas que os produtos estrela serán as verzas e o lacón cocido, servida por Casa Maragata. Ademais, pola noite organizarase unha churrascada popular. Se se quere asistir só a un dos ágapes, os tickets custarán 15 e 10 euros, respectivamente.
Un ano máis, un dos maiores atractivos do evento será o concurso de cestas, con recompensas económicas para as mellores propostas tanto a nivel individual como por barrios.

A quinta Festa da Verza e do Lacón Cocido, que se desenvolverá xunto á igrexa de Labrada, arrincará ás 11.00 horas coa apertura das casetas con produtos da zona. Despois presentaranse as cestas a concurso e ás 13.30 horas oficiarase unha misa campestre, seguida do pregón.
Na sobremesa haberá xogos populares, un concurso de baile e un campionato de tute, nos que poderá participar quen o desexe. A orquestra Os Españois amenizará a xornada.
Ben entendido: da verza rizada e do lacón cocido, que así se chama esta manifestación que se celebra cada ano na parroquia saudable do saudable concello de Guitiriz, na provincia de Lugo. Esto sera imes de abril, o día 21.
Un sabe que Labrada é unha grandeza parroquial de Guitiriz, da comarca da Terra Chá lucense.
Pero sobre todo, un recorda as cestas de verzas rizadas, o sabor extraordinario déstas e do lacón. É, especialmente, nese día choivoso, entre sol e orballación, o Carballo Grande, xunto á Casa de Xosé Loureiro; o Carballo de Estremil de Arriba, onda a Casa de Alfonso; as pinturas da igrexa parroquial, o cruceiro do igrexario, as Medorras de Fermosa, no Castro, e a Medorra da Pena dos Nenos, na Serra da Loba; o Castro de Margá e o Castro da Torre.
Agora, ao escribir, un pensa como sería, exactamente, o complexo monástico de A Granxa, do que só queda a Igrexa Parroquial de Santa María de Labrada, templo románico reconstruído nos séculos XII e XVIII.

A parroquia compónse de 44 lugares, se é que non me queda ningún fóra da memoria. Así que, xa me dirán señoras e señores, se unha parroquia desta natureza e composición, nun merece un vagar extenso, datallado e comprometido. . Non hai perda para chegar a Labrada: desde Lugo, auto-estrada Madrid-Coruña, dirección A Coruña, saída a Parga, ir ao Mesón da Cabra e seguir a estrada de Momán; ao pasar Merendero, estrada local á esquerda que leva a Labrada directamente. Será unha viaxe para non esquecer.
En canto á verza rizada, señoras e señores, haina, no seu tempo, da mellor, da máis saborosa e particular de toda Galicia.
Mentras pensan e deciden, eu quédome repetindo unha e outra vez, os nomes ou luagres das súas aldeas: Ameixeiras, As Penas, As Toxeiras, Barallobre (ou Bañobre, que non o teño claro), O Castro, Os Xiros, Paderna, Gandarela, Pumariño, Prado Vello, A Torre, Estremil de Abaixo, Estremil de Arriba, Olmos, Granxa Vella, San Cristovo, Toxiño, Galiñeiro, Sinde, Balsa, San Mateo, Xunto á Igrexa, Tarañeira, Rodeiro, Xove Novo, Xove Vello, Vigo, O Cal, O Carballo, Os Castelos, Vacoira, Bernaldo, Carballiños, Gatelle, Cece, Puza, Muxín, Margá, O Codeso, Pumariño, Regueiro... E seguramente algunha aldea máis que me queda sen reseñar. Pecado de esquecemento, que pido seña disculpado.

Se isto valera para que os veciños de Labrada, todos, tomaran conciencia do grande valor da súa parroquia, do grandísmo interese que espertan a súa historia, os seus productos e as súas manifestacións culturais e festeiras, isto sería unha escrita, senon ben descrita, alomenos, aportuna.
Deica outra, Labrada.
Rodriguez Patiño, Luis Ángel
Rodriguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES