Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Eleccións

viernes, 16 de marzo de 2012
Se reñidas son as eleccións nas que compiten diversas forzas políticas na procura de representación popular e de acadar a gobernación dun territorio, igual de combativas resultan aquelas nas que contenden dous bandos ou sensibilidades da mesma forza política.

Chámenselle “primarias” se se trata de elixir entre diversos aspirantes ao representante dun partido para unhas eleccións xerais ou autonómicas, ou elíxase o lider dun determinado territorio, as espadas desenváinanse e fórmanse pequenos exércitos que emprenden maniobras tácticas, buscan apoios, ofrecen compensacións e sorpréndense se o gañador non integra no seu goberno do partido a un número importante de representantes da sensibilidade derrotada.

Está moi recente en Galicia a contenda emprendida entre dous bandos do Partido dos socialistas galegos onde o resistente Pachi Vázquez se enfrontou á visitante Elena Espinosa, vencendo por un “puñado” de votos nun enfrontamento que pon fin a algunhas interrogantes porque clarifica traxectorias, situacións e futuros.

O certo é que Pachi Vázquez merece esta confirmación por aguantar todo o que leva acontecido nos últimos tempos na política deste país, sen que eso queira dicir que a outra candidata non merecese ascender ao olimpo do socialismo galego, e con ningunha garantía a priori que non é a política precisamente o mundo no que rixan leis humanitarias e de fidelidade amistosa e partidaria.

Pois agora ao PSOE galego aínda lle falta as primarias propiamente ditas para determinar quen vai ser o candidato ou candidata á Presidencia da Xunta de Galicia nas próximas eleccións autonómicas.

Son moitas eleccións as que contemplamos, internas ou abertas a todas as forzas políticas. E se todas as confrontacións deixan un pouso de cansanzo e gañas de estabilidade e traballo, estas que vimos de presenciar parecen deixar fracturas que todos os implicados teñen que loitar por pechar, que non son tempos de problemas internos, tan malos ou peores que os que globalmente se deban afrontar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES