Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cambio climático

miércoles, 14 de marzo de 2012
Editado pola Fundación BBVA, para a súa colección Conferencias Magistrales, acaba de saír do prelo o lbro “¿Hablamos de cambio climático?” do que é autor o científico, de fondas raíces focegas, Sergio Alonso Oroza, licenciado e doutor en Física pola Universidade de Barcelona , catedrático de Meteoroloxía da Universidade de Illas Baleares, da que foi Vicerrector, toda unha personalidade no mundo da especialidade e investigador do Instituto Mediterráneo de Estudios Avanzados. Presidente da Comisión de Ciencias para a Acreditación Nacional de Profesores Titulares de Universidade, membro da representación española na Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático, e do Consello Nacional do Clima. É membro da Real Academia de Ciencias e das Artes de Barcelona e preside a sección de Metereoloxía e Ciencias da Atmósfera da Comisión Española de Geodesia e Geofísica.

Sergio Alonso, focego de orixe e de corazón, un dos mais insignes persoeiros españois no campo da metereoloxía e a climatoloxía, ocupa con frecuencia as mais prestixiosas tribunas europeas, nas que deixa a impronta dos seus recoñecidos saberes e das súas investigacións.

O libro “¿Hablamos de cambio climático?,” aínda tratándose dun manual científico, resulta engaiolante para o lector, mesmo para quen nos confesamos profanos na materia, dada a claridade da exposición, a súa amenidade descriptiva e a aplicación dunha terminoloxía ó alcance de toda persoa non introducida na dialéctica científica. Esa foi a nosa experiencia coa lectura que nos resultou placenteira e que permitíunos coñecer un anaquiño mais deste fenómeno que tanto preocupa á sociedade actual.

Sergio Alonso Oroza, que conta en Foz con familiares e amigos, membro da numerosa saga descendente de Manuel Oroza, o vello sacristán entrañable da nosa nenez visita, de cando en vez, o amado pobo da súa estirpe, sempre con ledicia e fonda satisfacción, aínda que con menos frecuencia da que os seus amigos quixéramos. Parabéns.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES