Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Haberá folga

martes, 13 de marzo de 2012
Estaba tan cantada que ata o Presidente do Goberno, nun lapsus posiblemente controlado, supuxo a súa convocatoria. E os dous sindicatos maioritarios do Estado chámannos a todos para o próximo vintenove de marzo para facer folga en contra da reforma do mercado laboral, esa que en Europa parece ter caído moi ben.

En declaracións formuladas a xornada na que foi convocada a folga, a Ministra de Traballo dubidaba da oportunidade desta xornada, pero as forzas convocantes ás que se supón sumaranse o resto de centrais sindicais existentes no país, consideran que é a única saída que teñen dada a falla de diálogo e do resultado das decisións do goberno diante do panorama sociolaboral existente.

Difícil papel o dos convocantes da folga, agrupacións sindicais dependentes de xeito irreversible das subvencións e axudas do goberno, inmersas nun mundo de formación que se nutre dos presupostos xerais do Estado, con miles de liberados nas súas filas que alonxan de tal xeito aos aparatos actuais destas Centrais daqueles entusiastas sindicatos de hai catro décadas que os fan irrecoñecibles.

E que se efectivamente estas forzas son as chamadas a convocar aos folguistas e manifestantes, porque ese é o papel dun sindicato, o peso das súas estructuras e o clima xenerado pola realidade dos últimos tempos non augura unha entusiasta participación nunha loita que se sabe xusta e necesaria nun momento en que todos nos estamos xogando tanto.

Haberá folga o 29, e anúnciase que será durante 24 horas. Xa será menos. A experiencia dos últimos tempos é que o entusiasmo derróchase ao amencer e durante a mañá. Ao mediodia, relaxación total para ir a xantar. E despois, acabouse.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES