Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha lembranza para ti, muller

lunes, 12 de marzo de 2012
UNHA LEMBRANZA PARA TI, MULLER.

Co gallo do día internacional da muller.

Bo día,
amiga, compañeira, muller.
 
Cando vou ao cárcere de Teixeiro,
atopo sempre de fronte
a imaxe forte de Concepción Arenal,
pintada por un interno na entrada do módulo 6.
Unha muller que loitou pola liberdade.
Ten poderío nos seus ollos.
 
Levo un mes e pico recluído na casa
por mor de coidar unha perna
que fracturei nunha queda casual.
Fun atendido por mulleres traballadoras,
administrativas, médicas, enfermeiras e celadoras,
algunhas delas compañeiras miñas de profesión cando estaba en activo.
Foi delas de quen aprendín a arte de coidar e curar.
Pór corazón nas mans, e amor nas palabras.
Só teño recoñecementos de gratitude
por ter a sorte de tantas colegas no traballo,
moitas delas en postos de mando directo sobre min,
experimentando así vivencialmente a súa grande valía.
 
Tiven unha nai, da que só teño recordos que case non son,
pero que estivo sempre presente polo seu don da vida
e que por dar a vida ao meu irmán derradeiro perdeu ela mesma a vida.
Teño tres irmás e varias sobriñas e sobriñas netas.
Unha familia de grandísima presenza feminina.
 
 Quen colaboramos xuntos nas parroquias que intento servir
a maioría son mulleres e a elas se lles debe o que facemos:
Teatro, visitas a enfermos, coidados de axuda, consello,
acompañamento no dó e nos intres máis difíciles de todos nós,
sentido serio e profundo da espiritualidade, liturxias,
sentido do humor e do amor.
  
Podería seguir.
 
No conxunto dun número moi grande de mulleres
que me axudan a ser persoa, na miña condición de home,
sen ser machista, ou polo menos intentar non selo,
estás persoalmente ti.
Si. 
Ti tes a túa aportación non pequena.
 
E é por iso que,
en ti,
quero hoxe ter unha mostra de infinda gratitude
para toda muller,
empezando polas que non coñecen a liberdade,
polas que sofren na súa carne os diversos desprezos,
as desatencións, insultos ou faltas de consideración positiva.
Polas que van deixando a vida,
mortas nas cruces inxustas dunha existencia,
que debera ser mellor, 
e de tantas viles maneiras
a mans dos que só se esperaba amor e compaña,
porque así é de lei e así o prometeran mutuamente.
 
Para ti,
para todas,
un poema,
unha rosa,
unha canción.

E sobre todo moito respecto, gratitude e amor.
 
Un bico.
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania