Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Universitarios

jueves, 08 de marzo de 2012
Non hai tantos anos que unha carreira universitaria abría todas as portas laborais, ademáis de posibilidades de participar nunha oposición a corpos da Administración con prestixio e rendibilidade garantidas.

A Universidade abriu as portas a todos, de xeito case universal, e descentralizouse chegando ao lugar de residencia, á capitalidade da unidade territorial de residencia co que os estudios universitarios puideron xeneralizarse, universalizarse.

Pero a sociedade non evolucionou á velocidade que a Universidade o fixo, nin creou as estructuras que permitisen acoller aos licenciados que os centros de formación ían titulando, chegándose a unha situación na que os que saían da Universidade aumentaban mentras que as posibilidades de emprego se estancaban ou diminuían.

A crise cebouse con todas as capas sociais, e tamén coas mellor dotadas intelectualmente e por formación. E deixou de ser a formación universitaria garantía de emprego, chegando na actualidade a ser case contraproducente para algúns postos de traballo a especial titulación dos aspirantes.

Dentro dos estudios efectuados polo Sistema Universitario de Galicia acredítase que arredor do corenta por cento dos estudiantes licenciados en Galicia non traballan aos dous anos de completar os seus estudios, co que esto conleva de frustración nos interesados e de mal funcionamento e pouca rendibilidade do sistema universitario.

Hai diversa ocupación segundo as especialidades dos titulados, pero a media está nese corenta por cento frustrante que non ten razón de ser aínda que as condicións económicas e sociais do país sexan as que marcan a realidade e as reglas de xogo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES