Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Déficit

lunes, 05 de marzo de 2012
Nunca tantos ignoramos tanto de algo tan evanescente como o déficit das contas das institucións públicas, básicamente consistente no desfase que xa se considera perfectamente natural entre os ingresos e os gastos das administracións deste país.

Aínda que todos consideramos que a escala familiar non é permisible a existencia do menor déficit, e as partidas de ingresos teñen que superar sempre ás dos gastos, e aínda que entendemos que as contas públicas non deben diferenciarse demasiado das contabilidades privadas, as administracións sempre tiraron alegremente para diante na seguridade de que os ingresos ían superar aos previstos e que os gastos ían poder conterse, logrando en definitiva un equilibrio nunca conseguido.

Agora, como é “Europa” quen manda, e formamos parte de Europa pero non do grupo decisor sobre moitos dos temas que nos afectan, abógase por un equilibrio entre ingresos e gastos, prevéndose a necesidade de chegar ao remate de 2013 cun desfase de tan só o tres por cento nas contas do conxunto de todas as administracións.

Para o final de este ano prevíase conseguir un desfase de tan só o 4,4% nestas contas, pero o Presidente Rajoy acaba de anunciar por sorpresa nas institución europeas que non vai ser posible chegar a este tope, senón que en 2012 só se conseguirá acadar o 5,8%. Pero sen embargo mantense a perspectiva do 3% para o ano que ven, co que se garante un ano difícil este no que estamos, pero máis aínda no 2013, dado o duro axuste a efectuar.
Polo de pronto, o Goberno – todos os gobernos son dados por naturaleza ao optimismo – prevé para este 2012 unha caída da economía do 1,7%, recesión ao fin, e a destrucción de arredor de 630.000 empregos máis.

Non entenderemos ben o do déficit, pero si entendemos a diminución do producto interior bruto, a perda de empregos e o negro panorama que xa ninguén se recata en recoñecer.

O déficit das contas públicas xa non é argumento para economistas ou políticos. É concepto a ter presente por todos nós, e seguridade de que aínda nos agardan difíciles tempos para saír dunha crise que, polo ben de todos, ten que ter saída, aínda que nin os máis optimistas ousen poñerlle data.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES