Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A historia do narrador

lunes, 05 de marzo de 2012
Xa está. O rato da discordia corre por entre os fentos que saíron preto do río.

Ao mesmo tempo, un pouco máis arriba, unha cobra vixía os movementos do rato.

Non sei por que, pero dáme a sensación de que aquí vai pasar algo. A introdución do narrador é para que pase algo. Non tería sentido meter á cobra no relato e, para máis aquel, dicir que vixía os movementos do rato.

Por que os vixía? Que espera? Ou mellor dito, a que espera a cobra?

Esta achégase reptante, silenciosa, cara ao lugar por onde anda o rato. Xa dicía eu; o narrador por algo situara a acción: nun santiamén, a cobra papou, tragou ao rato. Acabou a historia. Di o narrador.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES