Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á busca do Auditorio perdido

viernes, 02 de marzo de 2012
Lugo leva máis dunha década buscando un Auditorio. E usando en tanto o auditorio de hai un cuarto de século, conseguido por Vicente Quiroga, en base a unha estructura dunha granxa de polos.
Este podería ser o resume dunha odisea da cidade de Lugo por ter un Auditorio de verdade, que fose o lugar onde institucións e asociacións puidesen sentirse na casa, ofrecendo ao público lucense as súas creacións ou organizacións.

Moitas gaitas tivo que templar Vicente Quiroga a finais dos oitenta para mercar as catorce hectáreas de Frigsa por unha cifra que coido estaba nos sesenta millóns de pesetas; menos de catrocentos mil euros.

Como no lote viñan incluídas as estructuras existentes, unha delas – matadeiro de polos- habilitouse para Auditorio, con mil localidades, escenario amplísimo, foxo para orquesta e camerinos de acordo coas posibilidades e o momento.

Desde entón, a política fixo das súas e non permitiu que tivesemos un Auditorio, nin aproveitando a estructura do Gran Teatro – que se sustituiu por un edificio de vivendas- nin no Cuartel de San Fernándo, elixindo un lugar do lonxano Fingoi para o desexado, largamente “fiado”, futuro Auditorio lucense.

Deste vello auditorio tense criticado a lonxanía, a calefacción, a incomodidade das butacas... todo se foi solucionando menos a presunta lonxanía, que non vai ser maior que a da futura instalación á que teremos que ir en coche todos os que non vivamos no Lugo novo onde se asentou a Universidade.

Se o refrán de “máis vale paxaro en man que cento voando” o acomodamos á realidade da nosa primeira instalación cultural, eu quédome co xa vello auditorio, non só porque neste momento é o único do que podemos dispoñer senón –e de xeito especial- porque no último cuarto de século acolleu centos de acontecementos culturais que nos marcaron aos lucenses co ferro da cultura e da paixón.

Non hai moito tempo, nun acto celebrado no magnífico Auditorio Carmen Estévez de Vilalba – leva o nome da muller de Manuel Fraga, loitadora pola súa consecución- un amigo, pretendendo provocarme, díxome... Mira, Xulio, que Auditorio teñen en Vilalba, e vós en Lugo non sodes capaces de conseguir nada que se lle pareza.

O amigo tiña razón no accesorio, pero afectoume ó principal, e tiven que dicirlle que eu primeiro de todo son vilalbés, e nos arredores do auditorio de Vilalba eu xogaba de pequeño, e no cine Parroquial ao que sustituíu vin “Molokai”, a película da historia do Padre Damián, que foi a primeira que vin na miña vida.

Pensando en Lugo, xa me tarda poder presumir –e utilizar- do novo Auditorio, aínda que só sexa por non ter que refuxiarme no meu vilalbesismo para non avermellar de vergoña.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES