Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O máis acó e o máis aló da xubilación

lunes, 27 de febrero de 2012
O 17 deste mes de Febreiro, o amigo Xulio Xiz, xubilouse das súas obrigas en Cultura, e serviunos un trabalinguas, porque das súas obrigas coa cultura non se xubilará xamáis. Eu xa lle enviei o meu parabén. Agora quixera aproveitar este evento para escribir algo fóra de lugar: Non, non se asusten…: Fóra de lugar en sentido propio, non metafórico, porque algo escribirei entreliñas.

Xulio agora non ten que acudir o seu despacho, con precisión de hora e ben “traxeado”, como mandan os canons; pero este home maestro en tantas cousas, entre elas a comunicación informativa, na que está licenciado, en tan heteroxéneos e diversos ámbitos da mesma, hai que contemplalo no acó e o aló da xubilación: o acó nas liñas; o aló nos espazos en branco. Estamos a ocuparnos dun profesional dispoñible - que non opositou para xubilarse, senón que se xubilou legalmente para ser el mesmo – por imperativos e esixencias do seu propio proxecto de realización persoal.

Xustamente por isto, se se tratara dun eclesiástico, ben podía empetarse esta cláusula no seu INDULTO de xubilación, algo que foi habitual nas formalidades eclesiásticas: “dummodo a reliquis canonicis et beneficiatis debitus cultus decenter praestari possit”, porque con el, xubilado ou non, o servizo á cultura queda ben garantido, e tampouco lle vai faltar o esplendor e magnificencia debido a mesma, e moi especialmente á de matiz galeguista.

Sen embargo, esta súa entrega persoal, agora será adobada cos froitos da disposición a facer honor o xubileu, en canto motivo de alegría por ter recuperados os bens ós que renunciou no transcurso do tempo que puxo ó servizo regulado da cultura, compelido pola mesma imperatividade do marco xurídico administrativo, pois no ámbito cultural axústase mal o marco, e o administrativo pode resultar enervante.

Por iso, na Igrexa a xubilación foi considerada coma un Indulto Pontificio, concordando co espírito da época, polo que se concedía indulxencia plenaria e certos privilexios ós fieis que practicaban as obras que no mesmo se prescribían. E menos mal, meu amigo Xulio, que tu, aínda que non teñas indulxencia plenaria, disfrutas na túa casa da absolución dos teus pecados administrativos, que, sen a menor dúbida, agocho a certeza de que deberon ser moi veniais.

Polo tanto, agora leva as cousas sen présa, porque para aguantar as nosas lerias é necesaria moita paciencia, e para articular a dispersión informativa cunha mínima coherencia boa falta che fará dispor dunha atmósfera apropiada, onde o silencio e a “boa soidade”, non a desesperante, propicien o sosego necesario para iso. E non perdas o encanto que che vai ofrecer o feito de pasar pola estación desa “boa soidade” sen tan sequera apearte, absorto, moitas veces, por dispoñer de tempo para potenciar todas aquelas capacidades que a vida en activo nos ten vetado: O “conócete a ti mesmo”, de Sócrates, ten un fundamento que cando deixamos de oir os tambores e axóuxeres das entroidadas (que na nosa sociedade soan fóra de tempo), temos a sensación de descubrir espazos de singular encanto, moi pouco explorados.

Tal vez sexa porque xa coñecemos moito do bo e malo da vida, e agora gozamos dun horizonte que nos ofrece novas perspectivas.

Non parece, por exemplo, difícil descubrir en nosoutros a sensación que produce observar como a xente evidencia un certo desarraigo cultural, sintomático doutro máis profundo: O da propia existencia de cada un.

Estamos mergullados nunha crisis de valores e económica, pero ninguén lembrou a dun nihilismo que nos leva a renunciar a acadar a verdade das cousas e dos eventos, no que desempeñan un papel importante o medios de comunicación. Frivolizamos a vida, ata o extremo de que o home ( a muller) deixa que as súas vidas discorran pola superficie de si mesm@. A moi poucos interesa adoptar actitudes radicales e últimas, sin importar demasiado caer no angustioso vitimismo da provisionalidade.

Que podemos facer nosoutros dende as páxinas das colaboracións…?. Hai que intentalo… A xubilación é un bo espazo para traer a superficie, cando menos, as sombras silenciosas que no noso abismático fondo acochan os interrogantes fundamentais da nosa existencia. Penso que é bo informar tamén desas abismáticas preocupacións: Na tona econtramos e xeramos provisionalidades; no carozo podemos abrir camiños á seguridade existencial.

Tu es un home da comunicación, e para máis riqueza, tes unha forte inquedanza por recorrer as leiras do pensamento.

Intelectualmente, que máis se pode desexar?. Nada importante podería dicirche da comunicación, na que es un profesional; e non moito máis do pensamento, do que son un basto ferreiro. Pero si teño a convicción de que son dous instrumentos que soan ben, que dan as notas correctamente, no concerto da xubilación; agocho, pois, a esperanza de que das túas mans vaian saindo os acordes correspondentes. E que sexa durante moito tempo na compaña desa Familia que adoras!.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES