Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Antroido en Viveiro

viernes, 24 de febrero de 2012
Levo moitos anos lonxe de Viveiro e iso supúxome perder case sempre as festas do antroido, que con moito fogaxe vivín na miña xuventude.Cando volvo hoxe vai máis de media vida e xa son vello con filosofía moi revirada. Poucas veces estou ledo e agora, gracias a vós, sinto ledicia, e moita, de ver-los vellos amigos que siguen a disfrutar das carnestolendas.

¡Quén me dera a mín manter o humor que teñen Paco Chao, alcalde do antroido, por aclamación popular; de Pepe do Galicia, bancario de día e parrandeiro de noite; de Michelena e a súa dona Sarín que axiña che aplican os recortes de nóminas que queiras; de Paco de Filomena,”gobernador civil do Movemento” e e á súa vez encantador de serpes; do meu veciño da Zapatería o simpar Canea, Sakira de día e concelleiro abanderado de noite; de África Jiménez, inspirada letrista e “cotilla” de visillos; o seu home Juan, insigne “Pastor Díaz” tamén por un día …e un feixe fermoso de queridos e admirados veciños que disfrutan da música, das laconadas, das alpuxarradas, das máscaras, do viño …en definitiva, do humor que vexo que non se perde en Viveiro!

A xente fala moitas veces dos tempos pasados coma se fosen mellores, sen decatarse de que iso pode parecerllo a algúns; mais eu coido que só é o afán de mitifica-las cousas o persoas vellas por parte dos que xa perderon a xuventude e non aceptan a obxetividade desmerecendo o actual, sen reparar que o tempos son outros.

Hoxe hai moitos máis medios, máis cartos, aínda que haxa crise; bébese menos porque hai farras con máis frecuencia, e a xente está máis concienciada có perigro do alcohol. O que non quer dicir que non se collan cheas curiosas, completas, a reverter. Foron morrendo os vellos mitos e están a labrarse os novos. Aló van no camposanto Pepé, Pedro Rouco, O Areas, Paraventos, Quico do Landro, Eugenio “o Fachenda”, Gelucho de Celso, Paco de Acacio, o Panadeiro de Celeiro...e unha morea de xentes parrandeiras, festeiras, bebedoras,”boas fémias”, “machos percheróns” e moitas pandillas que viñan de Magazos, de Landrove, Celeiro- ¡qué orixinal era o Carniceiro!-, de Vieiro…

Os tempos eran outros, pero na Vila de Viveiro sempre alegre, de moito fandango e crise permanente, aínda nos podemos rir cós “alpuxarros e alpuxarras” de Manolo “do que faltaba “; Manolito, o de Paco de Fermín; o poeta Ramil a quen desde aquí animo a publica-las “súas cousas”; a comparsa da ONU cós incombustibles Äfrica, Pepe e Michi; Mario e cía sempre xeniales; Canela fina de Foz coa súa tuna e Duquesa como inspiración; A Fachenda da Parroquia cós “Daríos” e panda, de sevillanas, e sempre de carallada…

Dou fe que a Sardiña tivo un enterro moi concurrido no que abundaron as mulleres e nenos. Os homes, a maioría, beberon viño, queimada, cerveza, cubatas… e outros brevaxes que a mín se me escapan. Cada participante levaba unha vela, que a mín antoxóuseme bágoa, pola dor dun Pobo que comenza un novo ano e no que nos esperan momentos de traballo, loita, ilusión ou tristura. Tristuras que recordaron ó finado Tarrío, vello “Tarzán”, a quen a Comisión tivo a delicadeza de adicarlle unha placa na súa casa. Morreu tamén Luciano, o pintor, e boteino de menos e supoño que fallaron outros tamén ós que non conozo ou non recordo.

Prestoume moito ve-los nenos que confío vaian renovando ás vellas xeneracións e para iso xa ten unha boa saga o Queimador maior Manolo do Reino.

Deus nos deixe chegar a outros antroidos. E que Eduardo Lorenzo sexa novamente o artista que presente al “Alpuxarradas”. Ide xa preparando os folgos pro ano que ven.

Unha aperta fondoso e graciñas polo que me rín.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES