Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mulleres no Parlamento

miércoles, 22 de febrero de 2012
Que este tempo é especialmente feminino ninguén o dubida. Ninguén que teña unha mínima perspectiva da realidade que nos rodea.

Lonxanos os tempos nos que os homes copaban os postos da Administración, da empresa e da sociedade, as mulleres foron escalando a dificilísima costa das realidadeS para ir conseguindo postos de relevancia que ninguén poderá xa arrebatarlles.

En Galicia sabemos moito de matriarcado, que ninguén discute ás galegas o posto histórico de cabeza de familia na longa ausencia dos homes na emigración, das “viudas de vivos e mortos” que cantou Rosalía, no esencial papel na loita pola subsistencia nesta fin do mundo. E de repente chéganos a noticia de que, agora mesmo, as mulleres son xa maioría entre os deputados no Parlamento de Galicia. Feito histórico onde os haxa.

Ao comezo da actual etapa lexislativa, os homes eran maioría no noso Parlamento, rexistrándose 45 fronte a 30 mulleres. Pero nos oito cambios que houbo desde o comezo da lexislatura, oito homes causaron baixa e oito mulleres entraron no seu lugar. Neste momento hai 38 deputadas no Parlamento de Galicia e 37 homes. O feito supón moito máis ca unha curiosidade, é un fito histórico.

Que esta realidade se producise por uns cambios casuais, non diminúe para nada a súa importancia, xa que a súa presencia no Parlamento evidencia que formaban parte das correspondentes listas electorais propostas polos seus propios partidos.

A tendencia actual en todos os partidos e lograr a igualdade entre os homes e as mulleres, aportando listas aproximadamente paritarias. Froito desta tendencia, necesidade de acomodarse á realidade imperante, é a situación actual na primeira institución de Galicia onde, por primeira vez, as mulleres son maioría.

Como en Galicia, como en todo o mundo. Son maioría numérica, son constantes, traballadoras, fanse imprescindibles. Son o xénero do futuro.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES