Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Santo Entroido

martes, 21 de febrero de 2012
Hoxe para Galicia é un día “santo” coa categoría e nivel que tiñan os “días santos” hai décadas. Porque a festa que hoxe se celebra ten seguidores fieis en todo o país, desde os máis vellos, herdeiros da tradición e transmisores da memoria ata os máis novos que se introducen nunha tradición sen a menor idea da procedencia e historia, co entusiasmo dos neófitos dunha vella crenza que por fin se nos mostra con todo o seu esplendor.

Nalgúns lugares de Galicia – Lugo, é o mellor exemplo – é día festivo, elixido polas respectivas corporacións como unha festa tradicional comparable á do santo Patrón. En toda Galicia sexa festiva a media xornada, sexa festa tolerada e agardada durante todo o ano, é a culminación de toda unha serie de celebracións das que nos facemos eco no novo portal do Entroido que Galicia Digital está estreando nesta tempada, onde as testemuñas de vellos patriarcas do galeguismo, da historia e da cultura, nos lembran o que significou esta festa da liberdade e da inversión de valores para os nosos devanceiros, e o rexurdir actual dunhas festas que serán máis vistosas que na antigüidade, pero nunca terán a transcendencia cultural e social que os nosos antergos viviron, crendo e cumprindo con reglas non escritas pero tan firmes como unha Constitución.

Que o Santo Entroido sexa propicio para unha Galicia en crise, que sabe vivir a festa da liberdade, mundo ao revés, que por uns días todo o trastoca e nos fai esquecer os duros problemas que nos envolven e nos agardan. Que teñamos todos unha feliz festa, e mañá poidamos afrontar a Coresma con ánimo renovado e confianza no futuro.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES