Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Día dos namorados

martes, 14 de febrero de 2012
Celébrase hoxe, 14 de febreiro, o Día dos Namorados, unha efeméride universal pola que se fomenta o intercambio de agasallos entre as persoas amadas. A orixe desta conmemoración é confuso, pero a versión mais extendida fala dun sacerdote nacido en Roma, alá polo século III. Alí gobernaba Claudio III, emperador romano que levou a cabo as mais crueis persecucións contra os cristiáns, e sostiña que éstes non deberían de casarse entre sí, ordeando que os que asi o fixesen fosen condenados a morte.

Por aqueles tempos, Valentín era bispo nunha diócese italiana, e conscente da inxustiza da prohibición, e de que o pobo debía de amar a Deus e unirse libremente, casaba ás parellas de forma secreta, agasallándoas cunha flor branca que significaba pureza e fidelidade.

Cando o descubriron foi detido e levado ante Claudio III, quen intentou convencelo para que abandonara o cristianismo e se unise ó imperio romano, concedéndolle a cambio o indulto da pena por desobedecer a orde imperial.

Valentín non aceptou e Claudio sentenciouno a morte. Pero antes foi ó cárcere, e neste punto aparace Xulia, a filla do carceleiro Asterio, da cal, se dí, Valentín se namorou. Xulia era cega de nacemento e moi fermosa. O sacerdote faloulle de Deus; ela veo o mundo a través dos ollos de Valentín, e a fe en Deus e a tranquilidade espiritual fixo que un día Xulia poidese ver.

Finalmente o santo foi executado o 14 de Febreiro de 271 e soterrado na igrexa de Práxedes, en Roma.

A lenda dí que Xulia plantou unha árbore de almendros con flores rosadas, e hoxe a árbore é un símbolo de amor e amizade.

Os restos de Valentín gárdanse en Madrid, na igrexa de San Antón, e a xente pídelle milagres amorosos tódolos días.

A celebración do Día de San Valentín oficializouse en 1969, ano no que o calendario católico estableceo o día 14 de febreiro como recordatorio do santo.

A mestura das historias, lendas e celebracións do pasado convirtiu a esa data no Día dos namorados.

O sentimento amoroso, patrimonio de tódolos humanos, xerou as mais brillantes páxinas da literatura universal, primeirísima fonte de inspiración de poetas e literatos, músicos e creadores de tódalas artes; acicate de guerreiros, inspirador das mais sublimes accións e dos mais devastadores feitos.

A historia e a literatura inmortalizaron a persoaxes arredor do amor nas mais diversas manifestacións : Marco Antonio e Cleopatra; o Cid Campeador e dona Jimena; Napoleón e Josefina ou o rei Pedro de Portugal que, despois de morta, coroou raíña á galega Inés de Castro son, con moitos outros, exemplos de cómo o amor estivo, ó longo dos tempos, vencellado ó destino dos pobos.

Por outra banda, a poesía e a lenda crearon figuras que foron, e seguen a ser, testemuña da forza coa a que o amor incide nos comportamentos humanos : Calixto e Melibea en La Celetina; o amor ilusorio de don Quijote e Dulcinea; ou o platónico de Cyrano de Bergerac e Roxana, na obra inmortal de Edmund Rostand; a traxedia amorosa de Romeo e Julieta, de Shespeare; os Amantes de Teruel, de Harzembuch; o prototipo romántico de don Juan Tenorio e dona Inés, de Zorrilla; o apaixoado romance de Pérez Galdós e Emilia Pardo Bazán, ou o non menos vehemente da escritora George Sand e o compositor Federico Chopín; o amor, fraguado a golpe de tuna, de Gerardo e Carmiña en La Casa de la Troya ou o amor bucólico, puro e sinxelo, pero ultraxado, de Martiño e Rosa na lenda A Virxe do Cristal, de Curros Enriquez. Mil xeitos, en fin, e mil motivacións distintas que templan as cordas sentimentais do corazón humano, nesa relación agridoce, sempre ilusionante, que lle fixo decir a Campoamor : “ Todo en amor es triste / mas, triste y todo, / es lo mejor que existe".
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES